escritor@s da semana
Henry Miller
(1891-1980)

Escritor estadounidense, famoso pola súa literatura vitalista, anarcoide e erótica desencadeante de grandes polémicas e censuras nun primeiro momento, anque máis tarde recoñecido como un dos escritores máis influíntes na literatura libre e persoal. Naceu en Nova Iorque o 26 de decembro de 1891, exerceu diversos traballos e asistiu ó City College da súa cidade natal ó longo dun breve tempo, antes de marcharse a París en 1930 fuxindo da Gran Depresión e dunha sociedade enclaustrada que o oprimía dende facía tempo. Nesta cidade, onde reside por 10 anos, leva unha vida bohemia, que describe en dúas novelas de carácter autobiográfico (como case toda a súa literatura): Trópico de Cáncer (1934), Primavera negra (1936) e, en certa medida, Trópico de Capricornio (1939, existente na Biblioteca). Pasa un ano en Grecia invitado por Lawrence Durrell e ó seu regreso en 1940 ós Estados Unidos instálase en Big Sur, California, onde rememora a súa estancia helena en El coloso de Marussi (1941, existente na biblioteca) orixinal guía de Grecia, presentada como o lugar onde é posible recuperar o que de divino ten o ser humano. Outras obras súas son La pesadilla del aire acondicionado (1945-1947); unha triloxía, La crucifixión rosada, formada por Sexus (1949), Plexus (1953) y Nexus (1960); Big Sur y las naranjas del Bosco (1957); e o estudio literario El mundo de D.H. Lawrence (1980). Pola súa vida e obra converteuse nun dos máximos representantes da libertade tanto individual coma literaria, e a súa busca da "salvación" a través das experiencias intensas influíu enormemente nas ideas da chamada Beat Generation. Os "Trópicos" están consideradas como as súas mellores novelas pola súa prosa fluída na que funde obscenidade con espiritualismo, e salta con gran naturalidade do expresionismo máis realista ó divismo máis simbólico. Morreu o 7 de xuño de 1980 en Pacific Palisades (California).