escritor@s da semana
Ursula K. Le Guin
(EE.UU., 1929)

No mundo de Terramar hai dragóns e espectros, talismáns e poderes, e as leis da maxia son tan inevitables e exactas como as leis naturais. Un principio fundamental rixe ese mundo: o delicado equilibrio entre a morte e a vida, que moi poucos homes poden alterar, ou restaurar. Pois a restauración da orde cósmica corresponde naturalmente ó individuo que se goberna a si mesmo, o heroe completo capaz de dar ese derradeiro paso, enfrontarse á súa propia sombra, que é medo, odio, inhumanidade (tomado de "Un Mago de Terramar")
Ursula Kroeber Le Guin, autora estadounidense de literatura fantástica e ciencia ficción, nacida en Berkeley (California). Estudiou no Radcliffe College. O seu pai era antropólogo e a súa nai escritora de literatura infantil, polo que Ursula viviu dende pequena inmersa en mitos e lendas. Despois de realizar un curso de postgrao na Universidade de Columbia (1952), obtivo unha beca Fullbright para estudiar en Francia. Alí coñeceu ó seu marido, Charles Le Guin, establecéndose a parella en Macon (Georgia), onde Ursula comezaría a dar clases de francés na Universidade Mercer. En 1964, cando xa escribira cinco novelas que non conseguira publicar, publicase O mundo de Rocannon; esta obra é a primeira do ciclo baseado no mito nórdico de Odín. Entre a súa producción posterior cabe destacar Planeta de exilio (1966), A cidade das ilusións (1967), A man esquerda da oscuridade (1969), A palabra para mundo é bosque (1972), Os desposuídos (1974) e Malafrena (1979, existente na biblioteca). Le Guin recibiu así mesmo o Premio Nacional de Literatura Infantil con A beira máis afastada (1972), o terceiro libro da triloxía Terramar. Entre as súas derradeiras obras destacan A rosa dos ventos (1982, existente na biblioteca), Sempre volve a casa (1985), O ollo da garza (1991) e Sopa de peixe (1992).