Biblio Logo

escritor@s da semana

D. H. Lawrence
(1885-1930)

Lawrence

"Existe o outro universo, o do corazón humano do que nada sabemos, ó que non ousamos explorar, unha estraña distancia gris separa a nosa débil mente quieta do pulsante continente do corazón do home, os precursores apenas desembarcaron nas costas e ningún home, ninguna muller coñece o misterio do interior cando aínda máis oscuros que o Congo ou o Amazonas flúen os ríos do corazón con plenitude, desexo e penuria"

Novelista e poeta inglés, unha das figuras literarias máis influíntes e controvertidas do século XX. Nos seus máis de corenta libros ensalzou a súa visión dun ser humano completo e natural, oposto á artificialidade da moderna sociedade industrial pola súa deshumanización da vida e do amor. Non embargante, as súas novelas foron malentendidas e atacadas, incluso prohibidas, polo seu aberto tratamento dos temas sexuais: a súa figura foi recuperada por, entre outros, Anais Nïn, e Henry Miller, que xa visitou este apartado fai unhas semanas. Naceu en Eastwood (Nottinghamshire) o 11 de setembro de 1885, fillo dun mineiro de carbón e dunha mestra de escola. A disparidade no rango social dos seus pais foi un motivo recurrente nas súas novelas. Graduouse na Universidade de Nottigham en 1908 e publicou os seus primeiros poemas na revista English Review en 1909. A súa primeira novela, El pavo real blanco, apareceu en 1911 gracias á axuda do seu amigo Ford Madox Ford. Fillos e amantes (1913), en grande parte autobiográfica, é a máis significativa das súas primeiras novelas e aborda a vida nun pobo mineiro. En 1912 fugouse a Europa continental con Frieda Weekley, unha aristócrata xermana (hermana do aviador alemán Von Richtofen) que estaba casada co seu profesor e coa que se casou dous anos máis tarde. A súa intensa, tormentosa e nómada vida en común proporcionoulle material para moitas das súas novelas. El arociris (1915) e Mujeres enamoradas (1921, existente na biblioteca) - quizais as mellores - explotan con franqueza as relacións sexuais e psicolóxicas entre homes e mulleres. El arcoiris foi prohibida oficialmente por obscenidade. Neste periodo tamén escribiu dous libros de poesía, Poemas de amor e outros poemas (1913) e ¡Mira! Cruzamos ata aquí (1917). Ó longo da I Guerra Mundial viviu agobiado en Inglaterra a causa da súa orixe xermana. A tuberculose añadiuse ós seus numerosos problemas, e en 1919 comezou un periodo de vagabundeo sen descanso en busca dun clima máis benigno. As súas viaxes proporcionáronlle os ambentes para varios dos seus libros: a rexión italiana de Abruzzi en A muller perdida (1920), Cerdeña en O mar e Cerdeña (1921) e Australia en Canguro (1923). Ó longo das súas estancias en México e Taos, Novo México, escribiu A serpe emplumada (1926), novela que reflexa a súa fascinación pola civilización azteca. A súa poesía máis orixinal, publicada en Paxaros, bestas e flores (1923), emana das súas experiencias coa natureza no suroeste de Estados Unidos e a rexión mediterránea. A partir de 1926 vivu principalmente en Italia, onde escribiu e reescribiu a súa novela máis famosa, El amante de Lady Chatterley (1928, existente na biblioteca), que trata das relacións sexuais entre unha muller e o gardabosques do seu esposo, membro da nobleza. En 1932 publicouse unha versión expurgada desta obra. Morreu o 2 de marzo de 1930 nun sanatorio de Vence, na Provenza francesa.

Valid XHTML 1.0 Transitional