Biblio Logo

escritor@s da semana

Milan Kundera
(Rep. Checa, 1929)

Kundera

"Se cada un dos instantes da nosa vida vaise repetir infinitas veces, estamos cravados á eternidade como Xesucristo á cruz. A imaxe é terrible. No mundo do eterno retorno descansa sobre cada xesto o peso dunha insoportable responsabilidade. Ese é o motivo polo cal Nietzsche chamou á idea do eterno retorno a carga máis pesada. Pero si o eterno retorno é a carga máis pesada, entón as nosas vidas poden aparecer, sobre ese telón de fondo, en toda a súa marabillosa levidade" (tomado de "A insoportable levidade do ser")

Novelista checo. Nacido en Brno, estudiou no Carolinum de Praga e deu clases de historia do cine na Academia de Música e Arte Dramático dende 1959 a 1969, e posteriormente no Instituto de Estudios Cinematográficos de Praga. Tamén traballou como xornaleiro e músico de jazz. As súas primeiras novelas, entre as que se atopan A broma (1967), O libro dos amores ridículos (1970) e A vida está noutra parte (1973), atacan con ironía o modelo de sociedade comunista. Tras a invasión soviética de Checoslovaquia en 1968, Milan perde o seu posto coma mestre do Instituto Cinematográfico de Praga e os seus libros son prohibidos e retirados da circulación. En 1975 consegue emigrar a Francia, onde ensinará literatura comparada na Universidade de Rennes (1975-1980), e máis tarde na École des Hautes Études de París.

As súas novelas sitúanse a medio camiño entre a ficción e o ensaio, e fan uso frecuente da ironía, da presencia de diversas voces narrativas, da confusión entre elementos reais e ficticios e da digresión. Nelas o autor enfróntase ás súas propias pantasmas persoais, o totalitarismo e o exilio, ó tempo que afonda nos grandes temas da liberdade e da ética dende un profundo desengano, ás veces difícil de percibir tras un estilo aparentemente lixeiro e amable.

Entre as obras posteriores que escribe tras o seu exilio en París cabe citar O libro da risa e o olvido (1981) - unhas memorias que provocaron a revocación da súa cidadanía checa-, e dúas novelas, A inmortalidade (1991) e A insoportable levidade do ser (1984, existente na biblioteca), quizais a súa obra máis coñecida. Esta última é un excelente relato dunha historia de amor no medio da represión e a burocracia, foi levada ó cine con moito éxito e converteuse nun texto clave da historia da disidencia no leste de Europa, situando ó seu autor entre os principais escritores do continente.

Valid XHTML 1.0 Transitional