Biblio Logo

escritor@s da semana

Rudyard Kipling
(Gran Bretaña, 1865-1936)

Kipling

"O sol que estaba entón no seu punto máis baixo do horizonte daba ó auga unha coloración purpúrea con fulgores de ouro nas cristas das grandes ondas adquirindo tons azuis e verdosos nos seus puntos máis profundos. Parecía como si cada embarcación de pesca atraese cara si os seus propios botes mediante invisibles cadeas" (tomado de "Capitáns intrépidos")

Novelista inglés laureado co Premio Nobel. Kipling escribiu novelas, poemas e relatos ambientados principalmente na India e Birmania ó longo da época do Imperio Británico. Naceu o 30 de decembro de 1865 en Bombay (India) e á idade de 6 anos enviárono a estudiar a Inglaterra. Pasou cinco anos nun fogar social de Southsea, experiencia detestable que describe no seu relato A ovella negra. Regresou á India no 1882 e a partir dese momento traballou para a Civil and Military Gazette de Lahore ata 1889, en calidade de editor e escritor de relatos. Máis tarde publicou Cancionciñas do departamento (1886), unha serie de versos satíricos sobre a vida civil e militar nos cuarteis da India colonial, así como unha colección dos seus relatos escritos para a prensa e recompilados en Contos das lombas (1887). A súa fama literaria consolidouse con seis historias sobre a vida dos ingleses na India, publicadas entre 1888 e 1889, que revelaban a súa profunda identificación coas xentes e a paisaxe do seu pais. Posteriormente viaxou por Asia e Estados Unidos, onde contraeu matrimonio con Caroline Balestier en 1892 e viviu ó longo dun tempo en Vermont. En 1903, estableceuse en Inglaterra. Kipling foi un escritor prolífico e popular. No 1907 obtivo o Premio Nobel de Literatura, converténdose no primeiro autor inglés que recibira o galardón.

Kipling figura entre os principais escritores de relatos ingleses. Como poeta destaca polos seus versos escritos na xerga habitual dos soldados británicos. A súa literatura xira sempre en torno a tres eixes: o patriotismo, o deber dos ingleses de levar unha vida de intensa actividade e o destino de Inglaterra, chamada a ser un gran imperio. A súa insistencia neste derradeiro aspecto era sen dúbida un eco do pasado victoriano e danou gravemente a súa reputación coma escritor nos anos posteriores á I Guerra Mundial. Das súas principais obras de ficción breve cabe destacar Moitas fantasías (1893), O libro das terras virxes (1894, existente na biblioteca), popularizado por Walt Disney como O libro da selva, e O segundo libro das terras virxes (1895, existente na biblioteca), así mesmo coñecido como Os irmáns de Mowgli, coleccións de historias de animais que constitúen en opinión de moitos o mellor da súa literatura; ademais de Así foi (1902, existente na biblioteca) e Puck, da colina de Pook (1891, existente na biblioteca). Entre as súas novelas ou relatos longos máis populares figuran A luz que se apaga (1891, existente na biblioteca), sobre un artista cego; Capitáns intrépidos (1897, existente na biblioteca), unha historia de mariñeiros; Stalky & Cía. (1899), baseada nas súas experiencias infantís no United Services Colege, e Kim da India (1901, existente na biblioteca), un relato picaresco da vida na India. O máis destacable da súa poesía é quizais Baladas do cuartel (1892) e As cinco nacións (1903). Algo de si mesmo, publicada postumamente en 1937, é un relato inacabado sobre a súa triste infancia. Kipling finou o 18 de xaneiro de 1936 en Londres.

Valid XHTML 1.0 Transitional