Logo Biblioteca

Víctor Hugo
(Francia, 1802-1885)

Victor


Ao longo de todo o tempo que ocupou o bispado de monseñor Myriel non cambiou en nada este presuposto, que foi aceitado con absoluta submisión pola señorita Baptistina. Para aquela santa muller, monseñor Myriel era á vez o seu irmán e bispo; amábao e venerábao con toda a súa sinxeleza. Ao cabo dalgún tempo chegaron as ofrendas de cartos. Os que tiñan e os que non tiñan chamaban á porta de monseñor Myriel, uns indo a buscar a esmola que os outros acababan de depositar. En menos dun ano, o bispo chegou a ser tesoureiro de todos os beneficios, e o caixeiro de todas as estreiteces. (tomado de “Os miserables”)

Poeta, novelista e dramaturgo francés, cuxas voluminosas obras constituíron un gran impulso, quizais o maior dado por unha obra singular, ao romanticismo naquel país. Hugo naceu en Besançon, e foi educado tanto con titores privados como en escolas públicas de París. Era un neno precoz, que a moi curta idade decidiu converterse en escritor. En 1817 a Academia Francesa premioulle un poema e, cinco anos máis tarde, publicou o seu primeiro volume de poemas, Odas e poesías diversas, que foi seguido polas novelas Han d´Islande (1823) e Bug-Jargal (1824)). No prefacio do seu extenso drama histórico Cromwell (1827 existente na biblioteca), Hugo plantexa un chamamento á liberación das restricións que impuñan as tradicións do clasicismo. Este acendido chamamento converteuse moi cedo no manifesto do romanticismo. A censura recaeu sobre a segunda obra teatral de Hugo, Marion de Lorme (1829), baseada na vida dunha cortesán francesa do século XVII, por considerala demasiado liberal. Hugo resarciuse da censura o 25 de febreiro de 1830, cando a súa obra teatral en verso, Hernani (existente na biblioteca), tivo un tumultuoso estreo que asegurou o éxito do romanticismo. Hernani foi adaptada polo compositor italiano Verdi e deu coma resultado a súa ópera Ernaní (1844).
O periodo de 1829-1843 foi o máis produtivo da carreira de Victor Hugo. A súa gran novela histórica A Nosa Señora de Paris (1831, existente na biblioteca), un conto que se desenvolve no París do século XV, fíxolle famoso e o levou ao nomeamento de membro da Academia Francesa en 1841. Noutra novela desta etapa, Claude Gueux (1834), condenou elocuentemente os sistemas penal e social da Francia do seu tempo. Escribiu varios volumes de poesía lírica que foron moi ben recibidos. Ao desgusto de Hugo polo fracaso da súa obra Les Burgraves (1843) uniuse ese mesmo ano a morte da súa filla Leopoldine e do marido desta, Charles Vacquerie, ámbolos dous afogados no Sena. Alonxouse da poesía e dedicouse de modo máis activo á política. A súa familia sempre fora bonapartista, e el mesmo, na súa xuventude, fora monárquico. En 1845 foi nomeado par de Francia polo rei Luis Felipe, pero cando se produciu a revolución de 1848, Hugo xa era republicano. En 1851, despois do fracaso da revolta contra o presidente Luis Napoleón, máis tarde emperador co nome de Napoleón III, Hugo tivo que emigrar a Bélxica. En 1855 deu comezo o seu longo exilio de quince anos na illa de Guernsey.
En Guernsey completou a súa máis extensa e famosa obra, Os miserables (1862, existente na biblioteca), unha novela que describe vividamente, ao tempo que condena, a inxustiza social da Francia do século XIX. Hugo regresou a Francia despois da caída do Segundo Imperio en 1870, e volveu á súa carreira política. Foi elixido para a Asemblea Nacional e máis tarde para o Senado. As obras de Victor Hugo marcaron un decisivo fito no gusto poético e retórico das xoves xeracións de escritores franceses, sendo considerado un dos escritores máis importantes desde país. Na nosa biblioteca poderás atopar, ademais, as súas obras O reiciño de Galicia, Bligger, o azote, O rei divírtese (1832) e O último día dun condenado a morte (1829).

Valid XHTML 1.0 Transitional