escritor@s da semana
Herman Hesse
(1877-1962)

"As cousas que vemos son as mesmas que levamos connosco. Non hai máis realidade ca que temos dentro. Por iso a maioría dos seres humanos viven tan irrealmente; porque cren que as imaxes exteriores son a realidade e permiten ao seu propio mundo manifestarse. Pódese ser moi feliz así, pero cando se coñece o outro, xa non se pode elexir o camiño da maioría" (tomado de Demian)
Novelista e poeta alemán, nacionalizado suizo. Á súa morte convertiuse nunha figura de culto no mundo occidental, en xeral, pola súa celebración do misticismo oriental e a busca do propio "yo". Hesse naceu o 2 de xullo de 1877 en Calw, Alemaña. Fillo dun antigo misioneiro, ingresou nun seminario, pero pronto abandoou a escola; a súa rebeldía contra a educación formal expresouna na novela Baixo as rodas (1906, existente na biblioteca). En consecuencia educouse a sí mesmo a base de lecturas. De xove traballou nunha librería e adicouse ó periodismo por libre, o que lle inspirou a súa primeira novela Peter Camenzid (1904), a historia dun escritor bohemio que rexeita á sociedade para acabar levando unha existencia de vagabundo. Ó longo da Primeira Guerra Mundial, Hesse, que era pacifista, trasladouse a Montagnola, Suiza; fíxose ciudadano suizo en 1923. A desesperanza e a desilusión que lle produxeron a guerra e unha serie de traxedias domésticas, e os seus intentos para buscar solucións, convertéronse no asunto da súa posterior evolución novelística. Os seus escritos foron enfocándose cara a busca espiritual de novos obxectivos e valores que substituíran ós tradicionais, que xa non eran válidos. Demian (1919), por exemplo, estaba fortemente influenciada pola obra do psiquiatra suizo Carl Jung, ó que Hesse descubriu no curso do seu (breve) psicoanálise. O tratamento que o libro da á dualidade simbólica entre Demian, a personaxe do soño, e o seu homólogo na vida real, Sinclair, espertou un enorme interese entre os intelectuais europeos coetáneos. As novelas de Hesse, dende entón, fóronse facendo cada vez máis simbólicas e achegándose máis ó psicoanálise. Por exemplo, Viaxe ó Leste (1932) examina en termos jungianos as cualidades místicas da experiencia humana. Siddartha (1922, existente na biblioteca), por outra parte, reflexa o interese de Hesse polo misticismo oriental, coma resultado dunha viaxe á India: é unha lírica novela curta que trata sobre a vida do xoven Buda. O lobo estepario (1927) é quizais a novela máis innovadora de Hesse. A dobre natureza do artista-heroe - humana e licántropa - lévalle a un labeirinto de experiencias cheas de pesadelos; así, a obra simboliza a escisión entre a individualidade rebelde e as convencións burguesas, ó igual que á súa obra posterior Narciso e Goldmundo (1930, existente na biblioteca). A última novela de Hesse, O xogo dos abalorios (1943), situada nun futuro utópico, é de feito unha resolución das inquietudes do autor. Tamén en 1952 publicáronse varios volumes da súa poesía nostálxica e lúgubre, por exemplo Escrito en area (existente na biblioteca). Hesse, que gañou o Premio Nobel de Literatura en 1946 con A unha hora da medianoite (existente na biblioteca), morreu o 9 de agosto de 1962 en Suiza. Na nosa biblioteca tamén poderedes atopar os seus Escritos Políticos (de 1914 a 1962), un conxunto de cartas e artigos periodísticos que reflexan moi ben a súa maneira de pensar neste ámbito.