Logo Biblioteca

escritor@s da semana

William Golding
(1911-1993)

Golding

"Na miña mente produciuse algo paracido a un estremecemento que alterou o panaroma dos meus coñecementos. Despois, moito despois de que o fixeran tódolos veciños da localidade, eu ordenei as distintas pezas - antigas e novas- do rompezabezas, e comprendín. Abrín a boca, e a boca quedou aberta. Non tiña nada que dicir." (tomado de "A pirámide")

Novelista e premio Nobel británico. Naceu en St Columb Minor, en Cornwall, e estudiou na Universidade de Oxford, onde posteriormente impartiría seminarios de lingua inglesa. Ó longo de varios anos traballou no teatro, como actor e como autor, anque preferiou adicarse á ensinanza. Así, foi mestre de escola ata que se alistou Mariña na II Guerra Mundial. Terminada a loita, comezou a escribir de novo. A súa primeira novela, O Señor das moscas (1954, existente na biblioteca), de enorme éxito está considerada como unha das obras mestras da literatura do século XX. Trátase dunha alegoría da innata crueldade do ser humano, basada nas experiencias do propio autor ó longo da guerra. Nela cóntase a historia dun grupo de escolares que, como consecuencia dun accidente de aviación, teñen que vivir nunha illa deserta. Descríbese o paso gradual dun estado de relativa inocencia a outro que roza a barbarie. A esta seguiron outras novelas nas que o autor trataba temas similares, sempre relacionados co ben e co mal que habitan no interior dos seres humanos: Os herdeiros (1955) e Martín o náufrago (1959) ou A construcción da torre (existente na biblioteca) entre elas. Moitos dos textos de Golding exploran os dilemas morais e as reaccións das persoas cando son sometidas a situacións extremas. A súa triloxía Ritos de paso (1980, gañadora do Premio da Asociación de Libreros), Barrios pechados (1987), e Os lumes de abaixo (1989), deixan entrever a súa paixón polo mar e a navegación. Entre as súas obras restantes cóntanse dúas coleccións de ensaios, Portas ardentes (1965) e Un blanco móbil (1982), así como unha obra de teatro, The Brass Buterfly (1958). Recibiu o premio Nobel de Literatura en 1983 e no 1988 foi nomeado sir.

Valid XHTML 1.0 Transitional