Logo Biblioteca

escritor@s da semana

Johann W. Von Goethe
(Alemaña, 1749-1832)

Goethe

Moitas veces díxose que a vida humana non é máis que sono, e non podo rexeitar de mín esta idea. Cando considero os estreitos límites nos que están pechadas as facultades intelectuais do home; cando observo que a meta dos nosos esforzos estriba en satisfacer as nosas necesidades, que estas soamente tenden a prolongar unha existencia efémera e que toda a tranquilidade sobre certos puntos das nosas investigacións non é outra cousa que unha resignación meditabunda, xa que nos entretemos en bosquexar deslumbradoras perspectivas e figuras abigarradas nos muros que nos aprisionan … Todo isto, Guillerme, faime enmudecer. (tomado de "As desventuras do xove Werther")

Poeta, dramaturgo e científico xermano. A poesía de Goethe expresa unha nova concepción das relacións da humanidade coa natureza, a historia e a sociedade; os seus dramas e novelas reflicten un profundo coñecemento da individualidade humana. A influencia de Goethe pode ser xulgada pola influencia que os seus escritos críticos, a súa vasta correspondencia, a súa poesía, os seus dramas e as súas novelas exerceron sobre os escritores da súa época o sobre os movementos literarios que el inaugurou e dos que foi a figura principal, entre eles o Sturm und Drang (tempestade e empuxe), precursor do romanticismo alemán. Naceu o 28 de agosto de 1749 en Frankfurt do Main, fillo dun funcionario de goberno. De 1765 a 1768 estudiou Dereito na Universidade de Leipzig, para volver logo a Frankfurt onde tomaría contacto coa filosofía ocultista, astroloxía, alquimia e, a través do pietismo luterano, co misticismo relixioso. De 1770 a 1771 estivo en Estrasburgo para proseguir os seus estudos de Dereito; ademais afondou nos estudos de arte, música, anatomía e química.

Despois de publicar varias obras, en 1774, coma resultado dun incidente amoroso con Charlotte Buff, prometida dun dos seus amigos, Goethe escribe a romántica, apaixonante e tráxica historia As desventuras do xove Werther (existente na biblioteca), a primeira obra representativa da literatura alemana moderna.

O 1775 foi importante para Goethe e para a historia literaria alemana. Este ano, carlos Augusto, herdeiro do Ducado de Saxonia-Weimar, invita a Goethe a vivir e traballar en Weimar, a súa capital, que entón era un dos centros intelectuais e literarios de Alemaña. Dende este ano ata a súa morte, Goethe permanecería en Weimar, e dende alí a súa influencia coma escritor estenderíase por toda Alemaña, ó tempo que o deu desenvolvemento intelectual non faría máis que acrecentarse cos anos, continuando, asemade, os seus estudos sobre mineraloxía, xeoloxía ou osteoloxía. Tamén comeza a escribir algunha das súa obras máis sonadas, como o drama en prosa Ifigenia en Tauris (1787) ou o drama de carácter Fausto (existente na biblioteca), que logo sometería a cambios tras a súa estadía en Italia.

Entre 1786 e 1788, Goethe viaxa por Italia, influencia que inauguraría o chamado “periodo clásico” da súa literatura e da literatura xermana. De volta en Weimar publica Ensaio (1790), o tratado de óptica Aportes á óptica (1792), Elexías romanas (1795) ou o idilio épico en verso Hermann e Dorotea (1798, existente na biblioteca). O período dende 1805 ata a súa morte o 22 de marzo de 1832, foi para Goethe considerablemente productivo. Dos seus escritos os máis célebres desta época son as novelas As afinidades electivas (1809, existente na biblioteca) e Os anos de formación de Wilhelm Meister (1821), así como a segunda parte de Fausto (publicada póstumamente en 1832).

Valid XHTML 1.0 Transitional