escritor@s da semana
Gibran Khalil Gibran
(1883-1931)

Me preguntas cómo me volví loco. Ocurrió así: Un día, mucho antes de que nacieran los dioses, desperté de un profundo sueño y descubrí que se habían robado todas mis máscaras, las siete máscaras que había modelado y usado en siete vidas. Huí sin máscara por las atestadas calles gritando: "¡Ladrones! ¡Ladrones! ¡Malditos ladrones!". Hombres y mujeres se reían de mí, y algunos corrieron a sus casas temerosos de mí. Y cuando llegué a la plaza del mercado, un muchacho de pie sobre el techo de una casa, gritó:"¡Es un loco!". Alcé la vista para mirarlo y por primera vez el sol besó mi rostro desnudo, y mi alma se inflamó de amor por el sol y ya no deseé más mis máscaras. Como en éxtasis grité: "¡Benditos, benditos sean los ladrones que me han robado mis máscaras!". Así fue como me volví loco. Y he hallado libertad y salvación en mi locura; la libertad de estar sólo y a salvo de ser comprendido, porque aquellos que nos comprenden esclavizan algo nuestro. ( de "El loco")
Poeta, filósofo e artista nado no Líbano (terra productora de grandes figuras da literatura), a súa sona e influencia espárcese máis alá do Oriente Próximo. Viaxeiro incansable, que o levaría a emigrar xa dende neno a Boston, de alí de novo a Beirut, París, Washington, de novo a París e de aquí a Nova Iorque, onde morre o 10 de abril de 1931, sendo o seu corpo trasladado a terras libanesas. A súa estancia parisina é totalmente decisiva para a súa carreira, sobre todo no referente ó coñecemento do poeta inglés Blake, que exerce nel unha grande influencia, así como os estudios de filosofía europea, Nietzsche sobre todo. Destaca por ser home polifacético, pois ademais de encaramarse coma poeta, filósofo, pintor e ilustrador, exerce en EE.UU. como corresponsal do periódico árabe "Al-Muhayir", funda a sociedade política al-Halaga al-Dahabiyya (El Eslabón de Oro), co obxectivo de libera-lo mundo árabe do dominio otomano, a sociedade literaria al-Rabita al-qalamiyya, moi influínte no mundo musulmán, etc.. Algunhas das súas obras máis coñecidas son A música, antoloxía de poemas líricos, As ninfas dos vales, profundamente anticlerical coa que xa se gana a fama de escritor revolucionario, Espítirus rebeldes, tamen anticlerical anque, pola contra, de marcado carácter espiritualista, O tolo, Arena e espuma ou Xesús fillo do home. A súa poesía foi traducida a máis de vinte idiomas e os seus debuxos e pinturas foron expostos nas grandes capitais do mundo. A poesía de Gibran é expresión dos impulsos máis profundos do corazón e da mente humana, anque na nosa terra non é un escritor recoñecido coma se merece. Na nosa biblioteca poderedes atopa-las obras: La procesión, La luz del maestro ou El jardín del profeta, un libro que causou e causa gran impacto, ata o punto de ser considerada a obra máis vendida despois da Biblia. Lonxe de movermos polo volume da producción editorial, Gibran Khalil é unha lectura moi recomendada.