Logo Biblioteca

escritor@s da semana

Ana Frank
(1929-1945)

Frank

"O terror reina na cidade. Noite e día, transportes incesantes desta pobre xente, provista tan só dunha bolsa ó ombro e dun pouco de diñeiro. Estes últimos bens sonlles quitados no traxecto, según din. Sepárase ás familias, agrupando a homes, mulleres e nenos. Os nenos ó voltar da escola, xa non atopan ós seus pais. As mulleres, ó voltar do mercado, atopan as súas portas seladas e notan que as súas familias desapareceron. Tamén lles toca ós cristiáns holandeses: os seus fillos son enviados obrigatoriamente a Alemania. Todo o mundo ten medo. Centenares de avións voan sobre Holanda para bombardear e deixan en ruinas as cidades alemanas; e a cada hora, centenares de homes caen en Rusia e en África do norte. Ninguén está ó abrigo, o globo enteiro atópase en guerra, e anque os aliados gañen a guerra, aínda non se ve o final. Podería seguir ó longo de horas falando da miseria acarreada pola guerra, pero iso me desalenta de máis en máis. Non nos queda máis que aguantar e agardar o termo destas desgracias. Xudeos e cristiáns agardan, o mundo enteiro agarda, e moitos agardan a morte." (tomado do seu Diario)

Que mellor, cando o pasado 6 de xuño se cupren 60 anos do desembarco de Normandía, que nun exercicio de voyerismo realizar unha relectura do sonado diario de Ana Frank. A violencia nazi deixounos sen unha escritora precoz que, de seguro podería convertirse nunha grande literata. Ana Frank naceu en Frankfurt del Main en 1929, pertencendo a unha familia xudea que se viu obrigada a abandoar Alemania en 1933 para establecerse en Amsterdam. En 1942 se agocharon, xunto con outros catro exiliados, nas habitacións traseiras e illadas dun edificio de oficiñas para evitar ser arrestados polas forzas de ocupación nazis que, daquela, xa invadiran Holanda. Nesa época, á idade de trece anos, Ana comeza a escribir o seu Diario (existente na biblioteca), no que describe con ternura os seus dous penosos anos de reclusión naquelas habitacións, as vivencias cotiás e as experiencias que comparten cos demais "inquilinos" do refuxio. A risco de contarvos o final do diario, para aqueles que aínda non o teñades lido, non podemos deixar de informarvos de que non ten final, xa que o lugar do seu escondite foi descuberto de súpeto en 1944 e todos os habitantes foron detidos. Ana frank falecería no campo de concentración de Bergen Belsen en menos dun ano, e o seu diario sería atopado máis tarde no mesmo lugar onde vivera recluida. Publicouse en 1947 e foi adaptado ó teatro en 1956 (O diario de Ana Frank) por Frances Goodrich e Albert Hacett, e ó cine, en 1959, por George Stevens. Calquera que lea o seu diario, non deixará de sorprenderse cos pensamentos e ideas que esta rapaza esperta e cariñosa expresa día a día, á vez que de seguro acabará cun nó na gorxa o día que Ana deixou de escribir.

Valid XHTML 1.0 Transitional