Logo Biblioteca

escritor@s da semana

William Faulkner
(EEUU, 1897-1962)

Faulkner

"Non é que poida vivir, é que quero. É que eu quero. A vella carne sen fin, por vella que sexa. Porque si a memoria existira fora da carne non sería memoria porque non sabería de qué se lembra e así cando ela deixou de ser, a metade da memoria deixou de ser e se eu deixara de ser todo o recordo deixaría de ser. Sí, pensou. Entre a pena e a nada escollo a pena" (tomado de "As palmeiras salvaxes")

Un dos novelistas estadounidenses máis importantes deste século, famoso pola súa producción de novelas onde retrata o conflicto tráxico entre o vello e o novo sur do seu país. Faulkner era o maior de catro irmáns dunha familia tradicional sureña, nacido en Mississipi o 25 de setembro de 1987, e crecido nas proximidades de Oxford. No 1915 abandona o colexio, que detestaba, para traballar no banco do seu avó. De volta da I Guerra Mundial ingresa coma veterano na Universidade de Mississipi, que pronto abandona para dedicarse a escribir, vivindo de traballos ocasionais. En 1925, logo de publicar un poemario pouco orixinal, viaxa a Nova Orleáns, onde traballa coma periodista e coñece ó escritor Sherwood Anderson, que o axuda a atopar un editor para a súa primeira novela, A paga dos soldados (1926), e convénceo para que escriba acerca da xente e dos lugares que coñecía mellor. Despois dunha breve viaxe por Europa volve a casa e comeza a escribir a súa serie de novelas barrocas e inquietantes, ambientadas no condado ficticio de Yoknapatawpha, habitándoo cos seus propios antepasados, indios, negros, escuros ermitaños provinciais e groseiros blancos pobres. Na primeira destas novelas, Sartoris (1929, existente na biblioteca), caracteriza ó coronel Sartoris como ó seu propio bisavó, soldado, político, constructor ferroviario e escritor. O ano 1929 foi crucial para Faulkner. A Sartoris lle segue O son e a furia (existente na biblioteca), novela que confirma a súa madurez coma escritor. Cásase co seu amor da infancia, Estelle Oldham, decidindo establecer a súa casa e fixar a súa residencia literaria no pequeno pobo de Oxford. O éxito de Santuario (1931) lévao a atopar traballo como guionista de Hollywood, o que por un tempo libérao de escribir as novelas que a súa poderosa imaxinación lle dictaba.

Faulkner esixe moito ós seus lectores. Para crear unha atmosfera determinada, as súas frases complexas e arrevesadas alónganse ó longo de máis dunha páxina e, xogando co tempo da narración, ensambla relatos, experimenta con múltiples narracións e interrompe o discurso narrativo con divagantes monólogos interiores.

Sen embargo Faulkner non foi en España un autor moi coñecido, maiormente por ser censurado polo réxime franquista, o que di moito ó seu favor e en favor da profundidade da súa literatura. As súas obras, que permaneceran moito tempo lonxe das imprentas, comezan a reeditarse nas últimas décadas, e empeza a ser considerado non xa coma unha curiosidade rexional senón como un xigante literario cunha escritura que ía moito máis aló das tribulacións e dos conflictos da súa terra natal. Os seus logros foron recoñecidos internacionalmente no 1949 ó concedérselle o Premio Nobel de Literatura. Continuou escribindo, tanto novelas coma contos, ata a súa morte en Oxford o 6 de xullo de 1962. Entre as súas obras principais destacan Mentres agonizo (1930), Luz de agosto (1932, existente na biblioteca), ¡Absalom, Absalom! (1936, existente na biblioteca), As palmeiras salvaxes (1939, existente na biblioteca), Descende Moisés (1942), Intruso no po (1948), Unha fábula (1954, Premio Pulitzer de 1955), A mansión (1959) e Os rateiros (1962, tamén gañadora do Premio Pulitzer).

Valid XHTML 1.0 Transitional