Logo Biblioteca

escritor@s da semana

Gilbert K. Chesterton
(Gran Bretaña, 1874-1936)

Chesterton



O curiña era a esencia mesma daquenas chairas do leste; tiña unha cara redonda, sen interese e chata coma un budín de Norfolk; uns ollos tan baleiros como o Mar do Norte, e levaba varios paquetes de papel de estraza que era totalmente incapaz de ter xuntos. Sen dúbida o Congreso Eucarístico sacara do seu estancamento local a moitas criaturas semellante, tan cegas e ineptas coma topos desenterrados. Valentín era un escéptico do máis severo estilo francés e non sentía o menor afecto polos sacerdotes. Pero sí podía ssentir compaixón, e ese curiña era capaz de provocar piedade a calquera ser humano. Levaba un paraugas moi grande e gastado, que constantemente se lle caía. Parecía non saber, dos extremos dun boleto, cal era o de ida e cal era o de volta.
(tomado de "tomado de “O candor do pai Brown”)

Poeta, novelista, dramaturgo, xornalista e crítico, foi un dos escritores ingleses máis populares e multiformes da súa época. Ó principio pensaba que posuía afeccións máis ben artísticas ca literarias, polo que ingresou na Slade School of Art e comezou as súas publicacións cun libriño de debuxos e bocetos. Inicia tamén a súa carreira xornalística coma crítico de arte no xornal londinense The Bookman; pero moi cedo se adicaría a escribir sobre os asuntos máis diversos, publicando innumerables artigos en revistas inglesas e norteamericanas. Guiado por un criterio rigurosamente moral da vida e do mundo, loita contra o decadentismo fin-de-siècle e ocúpase tamén dos problemas políticos e sociais. Liberal convencido, entre 1898 e 1901 publicou, xunto co seu grande amigo Hilaire Belloc e o seu irmán Cecil, a revista New Witness, mediante a cal atacou a corrupción dos ambentes políticos e difundiu un tan humanitario como utópico programa de reforma social que denominou “distribucionismo”. O acontecemento más importante da súa vida foi sen dúbida o seu ingreso na Igrexa Católica, no 1922, madurado a través de longos anos de reflexións e dúbidas. Escritor extraordinariamente prolífico, quizáis destacou sobre todo coma crítico e novelista, e moito menos coma poeta e dramaturgo. Anque nunca deixou de resultar brilante, polémico, divertido, cáustico e paradoxal, os multicores fogos artificiais das súas páxinas reflicten sen dúbida un temperamento de moralista e educador. El mesmo deu de si a mellor definición posible ó afirmar son un deses homes que xulgan un deber deixarse dominar sempre polas condicións morais propias. Non creo na “arte pola arte” Síntome absolutamente incapaz de falar ou escribir sobre os xardíns holandeses ou sobre o xogo de xadrez; pero estou seguro de que, si o fixera, canto poidera escribir ou dicir sobre isto levaría a pegada da miña concepción sobre o mundo. Singularmente populares son as súas novelas A hostelería voante, O Napoleón de Notting Hill, O home que foi xoves (1908, existente na biblioteca), A esfera e a cruz e O clube das ocupacións extravagantes (1913), e, sobre todo, a serie de narracións policiacas domiñada pola celebérrima figura do pai Brown: O candor do pai Brown (existente na biblioteca), A prudencia do pai Brown, A incredulidade do pai Brown (existente na biblioteca) e O segredo do pai Brown. A nosa biblioteca tamén conta coas súas obras As árbores do orgullo, O xardín do fume, O cinco de espadas e O poeta e os lunáticos. Entre os abundantes ensaios de Chesterton cabe destacar os que realizou sobre Dickens, Blake, Robert Browning, Chaucer e George Bernard Shaw.

Valid XHTML 1.0 Transitional