Logo Biblioteca

escritor@s da semana

Truman Capote
(EE.UU. 1925-1984)

Capote

Non se namore nunca de ningunha criatura salvaxe, Mr. Bell. Esa foi a equivocación de Doc. Sempre se levaba á súa casa seres salvaxes. Falcones coa ala rota. Outra vez trouxo un lince vermello cunha pata fracturada. Pero non hai que entregarlle o corazón ós seres salvaxes: cando máis llo entregas, máis fortes se fan. Ata que se senten o suficientemente fortes para escapar ó bosque. Ou subirse voando a unha árbore. E logo a outra árbore máis alta. E logo ó ceo. Así rematará vostede, Mr. Bell, si se entrega a unha criatura salvaxe. Rematará coa mirada fixa no ceo. (tomado de "Almorzo en Tiffany´s)

Truman Capote – de nome real Truman Streckfus Persons – naceu o 30 de setembro de 1925 en Nova Orleáns (Estados Unidos). Era fillo dun comerciante chamado Archulus Persons e dunha modelo de nome Lillie Mae Faulk, que adoptaría o apelido de Capote tras contraer matrimonio con Joseph García Capote, empresario de ascendencia cubana. Tras o divorcio dos seus pais, o pequeno Truman iría a vivir cuns familiares en Alabama, ata que no 1942, tras pasar por Connecticut, a familia Capote trasladouse á gran urbe de Nova Iorque.


Truman estudia no Trinity School e na St John´s Academy de Nova Iorque, pero abandona os estudos ós dezasete anos para comezar a escribir no xornal “The New Yorker”. A súa traxectoria coma novelista da inicio co libro gótico sureño Outras voces, outros ámbitos (1948), na que relata a busca de identidade dun mozo sureño, e alcanza a súa máxima repercusión con A sangue fría (1966, existente na biblioteca), novela de ficción que instaura o “novo xornalismo literario”, unha novela-documento que relata o asasinato, sen motivo aparente, dos catro membros dunha familia de Garden City, Kansas, e que sería levada ó cine por Richard Brooks no 1967. Outro dos seus títulos máis sonados foi Almorzo en Tiffany´s (1948), levada ó cine por Blake Edwards con Andrey Hepburn coma protagonista principal. Outras das súa obras máis importantes son Ataúdes de artesanía (existente na biblioteca), Dúas damas moi serias (existente na biblioteca), ou O convidado do Día de Acción de Gracias (existente na biblioteca).


Abertamente homosexual (Son alcohólico, son drogadicto, son homosexual: son un xenio) o que lle traería non poucos problemas, Truman Capote é un dos grandes narradores estadounidenses da segunda metade do século XX, cuio contacto coas altas esferas sociais e intelectuais da comunidade neoiorquina influenciaría nunha gradación de natureza cáustica. A súa obra foi aclamada pola crítica polo seu virtuosismo técnico e pola agudeza das súas observacións.
Capote morre o 26 de agosto de 1984 en Los Ángeles cando contaba 29 anos, logo dunha vida tormentosa.

Valid XHTML 1.0 Transitional