Logo Biblioteca

escritor@s da semana

André Bretón
(1896-1966)

Bretón

A miña muller de cabeleira de fogo de madeira,
de pensamentos de lóstregos de calor,
de cadeira de reloxo de arena.
A miña muller de cadeira de nutria entre os dentes de tigre.
A miña muller de boca de escarapela e de ramo de estrelas de última magnitude,
de dentes de pegadas de rato branco sobre terra branca,
de lingua de ámbar e de vidro refregados.
A miña muller de lingua de hostia apuñalada,
de lingua de boneca que pecha e abre os ollos,
de lingua de pedra incrible.
A miña muller de pestanas de palotes de escritura infantil,
de cellas de borde de niño de andoriña.

Poeta e crítico francés, líder do movemento surrealista. Naceu en Tinchebray, Orne; estudiou medicina e traballou en hospitais psiquiátricos ó longo da I Guerra Mundial. Unha vez afincado coma escritor en París, converteuse alí en pioneiro dos movementos antirracionalistas no arte e na literatura que desembocarían no surrealismo (movemento do que foi pai e director), surxido en grande medida como imaxe francesa doutros movementos como o Dadaísmo que naceran froito do desencanto xeneralizado coa tradición que definiu a época posterior á I Guerra Mundial. O estudio das obras de Sigmund Freud e os seus experimentos coa escritura automática (escritura libre de todo control da razón e de preocupacións estéticas ou morais) influíron na súa formulación da teoría surrealista. Breton expresa as súas opinións en Littérature, a principal publicación surrealista, revista que fundou, entre outros, e da que foi editor ó longo de moitos anos, e nos tres manifestos surrealistas de 1924, 1930 e 1942. A súa obra máis creativa é a novela Nadja (1928, existente na biblioteca), en parte autobiográfica. A súa poesía, recompilada en Poemas (1948), reflexa a influencia de poetas como Paul Válery e Arthur Rimbaud. A pesar do carácter controvertido da súa personalidade, tachándolle moitas veces de "dictador" dun movemento que, como o surrealismo, preconizaba a liberdade total, e de ser, ademais de creador, o asasino do movemento, non podemos deixar de recoñecelo como un dos escritores máis creativos e orixinais da primeira metade do século pasado.

Valid XHTML 1.0 Transitional