Logo Biblioteca

escritor@s da semana

Heinrich Böll
(1917-1985)

Böll

"Da a alarma, reúne ós teus amigos, non cando aúllan as hienas, non cando te ronda o chacal ou ladrean os cans de casa, non cando o boi subxugado da un mal paso ou a mula da noria tropeza. Da a alarma, reúne os teus amigos cando os coellos ensinan os dentes e anuncian a súa sed de sangue, cando os gorrións practican o picado e atacan, da a alarma. "

Novelista alemán e premio Nobel, é unha das principais figuras da literatura alemana posterior á II Guerra Mundial. Naceu en Colonia no 1917. Ó rematar os seus estudios de ensinanza media, en 1937, foi chamado a filas, loitando coma soldado raso ó longo da II Guerra Mundial. Liberado dun campo de concentración estadounidense en 1947, vendeu varios relatos e puido adicarse a escribir novelas, obras de teatro, relatos e ensaios. Os temas das súas primeiras obras, coma sucede cos seus relatos recompilados en O tren chegou puntual (1949), reflexan o absurdo e o horror da guerra, e o sentido de culpabilidade ó participar nela. A súa primeira novela, ¿A onde fuches Adán? (1951), presenta a un individuo en diversas situacións que describen as forzas sociais e políticas que atrapan á xente normal e corrente. Coa novela E non dixo unha sóa palabra (1953), Böll inicia unha serie de obras que reflexan a difícil situación de Alemaña despois da súa derrota e a aparente ola de materialismo que domina a sociedade, como ocurre en Casa sin amo (1954, existente na biblioteca), O pan dos primeiros anos (1955) ou Billar ás nove e media (1959, existente na biblioteca). O diario irlandés (1957), relata unha viaxe de Böll a Irlanda, a súa fuxida a un lugar onde o ansia polos bens materiais é menos opresiva que na súa Alemaña natal. Outras obras súas onde denuncia á sociedade e os seus abusos son as novelas Opinións dun paiaso (1963), na que critica a situación da economía moderna; Fin dunha misión (1966), un alegato antimilitarista, e O honor perdido de Katharina Lum (1974), un ácedo ataque ós desmáns periodísticos e xudiciais. Premiado co nobel de Literatura en 1972 pola súa contribución á renovación da literatura alemana, Böll foi mencionado pola "ampla perspectiva" e o "dominio da sensibilidade" da súa escritura. A súa novela sobre a vida de Alemaña dende a I Guerra Munial ata os anos setenta, Retrato de grupo con señora (1971), foi considerada como a súa obra de mayor ambición. A literatura de Böll, un escritor católico que criticou duramente á Igrexa, ó tempo que defendía ós marxinados e ás víctimas do sistema imperante cunha linguaxe sinxela, lúcida, irónica e moralizante, ofrece un retrato inflexible, anque non desprovisto de compaixón, da Alemaña moderna.

Valid XHTML 1.0 Transitional