Logo Biblioteca

escritor@s da semana

Honoré de Balzac
(Francia, 1799-1850)

Balzac



A duración da obra na que escribo o voso nome, dúas veces ilustre neste século, é moi problemática; mentres que vós gravades o meu no bronce, que sobrevive ás nacións anque non fora batido máis que polo vulgar martelo do monedeiro. ¿Non se verán confusos os numismáticos ó atopar no voso obadoiro tantas cabezas coroadas, cando descubran ente as cinzas de París esas existencias por vós perpetuadas ata máis aló da vida dos pobos, e nas cales se lles antoxará adiviñar dinastías? Voso é ese divino privilexio; a mín correspóndeme a gratitude
(tomado de “O crego de Tours”)

Ecritor francés de novelas clásicas que figura ente as grandes figuras da literatura universal. O seu nome orixinal era Honoré Balssa e naceu en Tours, o 20 de maio de 1799. Fillo dun campesiño convertido en funcionario público, tivo unha infancia infeliz. Obrigado polo seu pai, estudiou leis en París de 1818 a 1821. Sen embargo, decidiu adicarse á escritura, pese á oposición paterna. Entre 1822 e 1829 viviu na máis absoluta pobreza, escribindo teatro máxico e novelas melodramáticas que apenas tiveron éxito. En 1825 probou fortuna coma editor e impresor, pero viuse na obriga de abandoa-lo negocio no 1828 ó borde da bancarrota e endeudado para o resto da súa vida. No 1829 escrbiu a novela Os chuanes, a primeira que leva seu nome, baseada na vida dos campesiños bretóns e o seu papel na insurrección monárquica de 1799, ó longo da Revolución Francesa. Anque nela se aprecian algunhas das imperfeccións dos seus primeiros escritos, é a súa primeira novela importante e marca o comezo da súa imparable evolución coma escritor. Traballador infatigable, Balzac produciría 95 novelas e numerosos relatos curtos, obras de teatro e artigos de prensa nos 20 anos seguintes. No 1832 comezou a súa correspondencia cunha condesa polaca, Eveline Hanska, quen prometeu casarse con Balzac tras a morte do seu marido. Éste morreu no 1841, pero Evelin e Balzac non casaron ata marzo de 1850, cinco meses antes da morte do escritor.
No 1834 concebiu a idea de fusionar todas as súas novelas nunha obra única, A comedia humana. A obra incluiría 150 novelas divididas en tres grupos principais: Estudos de costumes, Estudos filosóficos e Estudos analíticos. As novelas incluen máis de dúas mil personaxes, as máis importantes das cales aparecen ó longo de toda a obra. Balzac conseguiu completar ó redor de dous tercios deste enorme proxecto. Entre as novelas máis sonadas da obra destacan Papá Goriot (1834, existente na biblioteca), que narra os excesivos sacrificios dun pai coas súas ingratas fillas; Eugenia Grandet (1833, existente na biblioteca), onde se conta a historia dun pai miserento e obsesionado polos cartos que destrúe a felicidade da súa filla; A prima Bette (1846), un relato sobre a cruel vinganza dunha vella celosa e pobre; A azucena no val (1835, existente na biblioteca), entre os estudos da vida en provincias; A busca do absoluto (1834), un apaixonante estudo da monomanía, e As ilusións perdidas (1837-1843). Tamén destaca A España tétrica (existente na biblioteca), dous relatos enmarcados na Guerra de Independencia que son boa mostra da forza narrativa do autor. O obxectivo de Balzac era ofrecer unha descrición absolutamente realista da sociedade francesa, algo fascinante para o autor. Sen embargo, a súa grandeza reside na capacidade para trascender a mera representación e dotar ás súas novelas dunha especie de suprarrealismo. A descrición do entorno é nas súas obras casi tan importante como o desenvolvemento das personaxes. Balzac afirmou en certa ocasión que “os acontecementos da vida pública e privada están intimamente relacionados coa arquitectura”, e, en consecuencia, descrebe as casas e as habitacións nas que se moven as súas personaxes de tal xeito que revelen as súas paixóns e anceios. Anque as personaxes de Balzac son perfectamente creíbles e reais, casi todos eles están posuídos pola súa propia monomanía. Todos parecen máis activos, vivos e desenvoltos que os seus modelos vivos.

Valid XHTML 1.0 Transitional