escritor@s da semana
Jane Austen
(Gran Bretaña, 1775-1817)

Hoxe é o día no que saboreo o pracer de triunfar sobre un
ánimo disposto a rexeitarme xa armado de prexuízos contra as miñas
accións interiores. (tomado de "Orgullo e prexuízo”)
Destacada novelista inglesa cuia ficción satírica, enxeñosa e elegantemente estructurada sinalan a transición na literatura inglesa do neoclasicismo do século XVIII ó romanticismo do século XIX. Austen naceu na parroquia de Stevenson, Basingstoke, da que seu pai era rector. Estudiou na casa e nunca se separou da súa familia, na que era a sétima dos seus irmáns. Os Austen marcháronse de Stevenson en 1801, vivindo a partir de entón en Bath, Southampton, Chawton e Winchester. Austen comezou dende pequena a escribir novelas para a súa familia. Algúns dos seus primeiros traballos, escritos desde 1790, publicáronse no libro Amor e amizade, e outras obras (1922). As seis que escribiu hai que clasificalas en dous períodos diferenciados. As do primeiro (1796-1798) tardaron máis de 15 anos en atopar un editor. Ó longo dese tempo escribiu Lady Susan (1805, existente na biblioteca), onde escoitamos os cotilleos dunha sociedade pudiente e convencional; Lady Susan é unha fermosa dama precedida dunha nefasta fama de muller fatal, astuta, intelixente e sagaz, que sabe como tratar ós homes e tamén ós seus posibles rivais. Tamén escribe Xuízo e sentimento (1811), historia de dúas irmáns e os seus asuntos amorosos; Orgullo e prexuízo (1813, existente na biblioteca), a súa obra máis famosa, que relata as relacións das cinco irmáns Bennett e a súa busca do marido axeitado, e A Abadía de Northanger (1818), unha sátira encol das novelas góticas tan populares a finais do século XVIII. A segunda etapa creadora de Austen comeza en 1811 despois da publicación de Xuízo e sentimento. Tras doce anos decepcionantes e improductivos, escribe rápida e sucesivamente as súas tres últimas novelas: Mansfield Park (1814), Emma (1816) e Persuasión (1818). Todas relatan os enredos románticos das súas tres heroínas, retratadas en profundidade.
As obras de Austen foron moi ben acollidas dende a súa publicación e son dun estilo moi diferente ó romanticismo vixente na súa época. Cheas de incisiva observación e detalles meticulosos, ela propúxose presentar pequenos grupos de persoas nun espacio limitado e moldear os acontecementos aparentemente triviais das súas vidas cotiás nunha comedia costumista. As súas personaxes son de clase media e provincianas, cuia máxima preocupación é conseguir unha boa situación económica e a súa maior ambición o matrimonio. O seu tema característico foi o alcance da madurez a través da perda das ilusións. Os defectos da personalidade das persoas que aparecen nas súas novelas se corrixen aprendendo a lección das tribulacións. Ata a máis secundaria personaxe é vivamente interiorizada no seu lúcido estilo característico. Pola súa sensibilidade cara patróns universais da conducta humana, moitos críticos consideran a Austen como unha das grandes escritoras da novela inglesa.