Logo Biblioteca

actividades — Semana do Libro e a Lectura. VAI DE MEDO...
Do 9 ao 14 de abril na Biblioteca Municipal

Cartel“A lectura é un traxe que lle senta ben á alma e faina máis fermosa”
(Xavier, P. Docampo)

A Biblioteca do Porriño, en colaboración coa Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a Consellaría de Cultura e Deportes, anuncia a celebración da II edición deste encontro literario, que terá lugar no Porriño entre o 9 e o 14 de abril de 2007.
Nós sabemos que a lectura é unha afección que se transmite fundamentalmente por contaxio e que neste labor ensinantes, nais e pais temos unha responsabilidade decisiva. Esta Semana do Libro e a Lectura nace co ánimo de ser lugar de encontro, espazo no que transmitir habilidades, estratexias para conseguir que nenos e nenas sexan bos lectores pero o máis importante, descubran o pracer de ler. A Semana do Libro e a Lectura trata de ser unha festa da literatura.
Este ano escolleuse un tema que nos presta moito a nen@s e maiores: o MEDO.
Todas e todos lembramos desde moi cativos, personaxes da literatura que nos fixeron pasar momentos realmente malos que recordamos con moito agrado: lobos, xigantes, malvados, pantasmas, monstros…

 



Actividades abertas ao público - Exposicións permanentes
Obradoiros para nenos e nenas - Actividades co profesorado

 

 

 

Medo1Medo2

Medo3Medo4

Medo5Medo6

Medo7Medo8

Medo9Medo10

 

 

ACTIVIDADES ABERTAS AO PÚBLICO

 

 

EXPOSICIÓNS PERMANENTES

Exposicións de libros cedidos polas editoriais

Ler abre as portas do futuro. E o que podemos atopar entre as liñas dos libros son soños, países, viaxes, liberdade, medo, risas... Haberá lobos, meigas, trasnos ou sacauntos; centos de personaxes da fantasía nestas Semanas de soños e todos os nenos e nenas que collan libros nas mans poderán miralos aos ollos e sentir arrepíos, alivio, tranquilidade... todo é posible.

Exposición de Ilustradoras/es

Podemos completar as imaxes fantásticas que dan vida e expresividade ás historias coas seguintes exposicións:
• Apaga a luz que quero medo: AGPI, Consellería de Cultura, Salón do Libro
• Xogando cos contos: Bernardino Graña
• Historias para ollar: Noemí López
• A historia infinda: Pepe Carreiro
• Lobo feroz: OQO
• O papón: OQO

Exposición de materiais elaborados por alumnos e alumnas.

Os libros e murais fabricados cos soños dos nenos e nenas dos colexios. Soldadiños, peixes, lobos, estrelas que falan, muíños de vento, ratiñas, cabaleiros e moito máis. Son os libros feitos a man. Os libros e os murais artesáns. Os libros das tesoiras, o pegamento e a cartolina de cores. Os libros onde entrarán as cores do arco da vella e da paisaxe de Galiza. Os vosos libros e murais que por uns días serán de todos e de todas.

“ Horario de visitas ás exposicións: durante a semana permanecerán abertas de 10 a 14 h. para os centros de ensino e de 17:00 a 20:00 para o público en xeral”

Volver

 

 

OBRADOIROS PARA NENAS E NENOS
(actividades concertadas cos centros de ensino)

Martes 10 (3º PRIMARIA)

Obradoiro de Música e Romances con: ANTÓN CASTRO

Neste obradoiro dirixido ao alumnado de 3º Primaria farase un percorrido polo cancioneiro da música tradicional galega acompañado con instrumentos de uso cotián e unha visión do traballo dos ceg@s no uso dos romances da música de rúa.


Obradoiro de animación á lectura con: SABELA GAGO

Actividade dirixida ao alumnado de 3º de Primaria co obxectivo de achegalos á maxia da lectura e facelos vivir e gozar das aventuras agochadas entre as páxinas dos libros.

 

Mércores 11 (5º PRIMARIA)

Obradoiro de contacontos con: ANXO MOURE

Porque os contos son relatos que collen vida a través dos narradores e porque nos fan soñar e non custan nada, por iso lle damos vida aos contos.

Obradoiro de Ilustración con: NOEMÍ LÓPEZ

Actividade dirixida ao alumnado 5º Primaria, onde se resaltará a importancia da imaxe na literatura infantil, onde se dá unha fusión co texto, formando un todo no que as dúas partes se apoian conformando o significado da historia.

 

 

Xoves 12 (1º PRIMARIA)

Obradoiro de ilustración con: PEPE CARREIRO

Porque ilustrar é un arte e porque as imaxes reflicten a escrita do conto, por iso un obradoiro de ilustración cuns dos personaxes máis queridos polos nenos e nenas: Os Bolechas

Obradoiro de ilustración con: ANXO FARIÑA

Actividade dirixida ao alumnado de 1º de Primaria. Neste obradoiro o ilustrador acompañará ao alumnado no percorrido de achegamento ao libro e os seus debuxos facilitaranlles o camiño.



Venres 13 (1º ESO)

Obradoiro de teatro e expresión corporal con: NEKANE FERNÁNDEZ

Desenvolver un dos aspectos menos traballados na escola : o afectivo, os sentimentos, a intuición e a creatividade a través da expresión corporal e do xogo. O xogo é saudábel. Despexa a mente da cotidianeidade, fainos estar nunha situación distendida, relaxa, distrae, ensina, une.

Obradoiro de ilustración con: JOSÉ TOMÁS

As ilustracións poden ser unha forma de narrar, de contar historias integrando a imaxe e o texto de xeito complementario.
Volver

 

 

ACTIVIDADES CO PROFESORADO
DE LUNS A VENRES DE 18:00 A 20:30 H.
“Solicitada a homologación á Consellaría de Educación por 10 horas lectivas”

Volver

“PARA INSCRIBIRSE NO CURSO DO PROFESORADO E NOS OBRADOIROS DO ALUMNADO”
AS-PG: informacion@as-pg.com
981-278259
A matrícula no curso do profesorado será por rigorosa orde de inscrición até encher prazas

 

VolverValid XHTML 1.0 Transitional