actividades
— Arte mural en homenaxe
a María Mariño
No
marco do Día das Letras Galegas e do homenaxe á escritora María
Mariño, uns de 200 alumnos de 3º e 4º de ESO do Instituto porriñés
Ribeira do Louro, pintaron na mañá do 30 de abril catro murais
de tela de 8 x 3 metros de tamaño cada un, no céntrico Parque
Infantil. Estes murais, con motivos que recordan a figura da escritora e a celebración
do Día das Letras Galegas, foron posteriormente instalados na fachada
dianteira do Centro Cultural Municipal, onde se atopa a biblioteca.
Esta iniciativa destaca pola importancia do coñecemento da figura de
María Mariño, ademais de favorecer o traballo en equipo e as relacións
entre os alumnos. Estes murais, de gran impacto visual, permanecerán
instalados ao longo de todo o mes de maio, servindo así como un perfecto
recordatorio desta festividade.