actividades — participamos no programa da TVG "Libro aberto"
Participamos no programa de libros e literatura da TVG "Libro aberto" na súa emisión do 7 de marzo de 2007, centrado no escritor Manuel Janeiro (Madrid, 1951), coñecido no mundo editorial polo seu traballo como deseñador de libros, fundamentalmente na editorial Galaxia. Un conxunto de nenos e nenas da nosa vila formuláronlle a Janeiro, dende a sala infantil da biblioteca, varias preguntas que lles suscitou a lectura da primeira incursión de Janeiro no mundo da narrativa, "Pucho, o habitador dos tellados" (Kalandraka, 2006), as cales foron respondidas polo escritor dende o plató de televisión.