Logo Biblioteca

actividades — cine na biblioteca

IV trimestre
outubro -decembro 2006

Ciclo “En branco e negro”

“En branco e negro” trata de ofrecer unha visión multilateral encol destas dúas cores opostas da pirámide cromática ás veces tan menospreciadas por un mundo que presume de colorista. A vida é un arco da vella que inclúe o negro, expresou axeitadamente o poeta ruso Yevgeny Yevtushenko, e nós queremos ofrecervos cine negro cando nos aproximamos ó branco Nadal. Tres ciclos mensuais estructuran este “En branco e negro”. En outubro, con “Mil tons de grises”, ofrecemos una selección de cine contemporáneo que decidiu por vontade propia, e ás veces con gran valentía, traballar cos mil recursos de grises que se atopan entre o branco e o negro. Novembro, con “Negro clásico”, ven a amosarnos unha serie de grandes clásicos do cine negro como xénero cinematográfico da man de directores consagrados como Trufaut, Preminguer, Welles, Ford ou Bresson. Finalmente, en decembro “Vidas en branco e negro” amosaranos a existencia nada colorista de tres personaxes en tres obras mestras no cinema dos últimos anos.

Outubro: ciclo "Mil tons de grises"
día 5: Pi: fe no caos (de Darren Aronofsky)
día 19: Vivamente o domingo (de François Truffaut)
día 26: 25 Watts (de Juan Pablo Rebella e Pablo Stoll)

Novembro: ciclo "Negro clásico"
día 2: Os 400 golpes (de François Truffaut)
día 9: Cara de anxo (de Otto Preminguer)
día 16: O Proceso (de Orson Welles)
día 23: O fuxitivo (de John Ford)
día 30: Pickpocket (de Robert Bresson)

Decembro: ciclo "Vidas en branco e negro"
día 14: A moza da ponte (de Patrice Leconte)
día 21: Bolivia (de Adrián Caetano)
día 28: Dead man (de Jim Jarmusch)

 

 

 

pi 5 DE OUTUBRO
Pi (fe no caos)

PI

Tít. orixinal: Pi: faith in chaos
Ano: 1998
Duración: 85 min.
País: EE.UU.
Dirección: Darren Aronofsky
Guión: Darren Aronofsky
Música: Clint Mansell
Fotografía: Matthew Libatique
Reparto: Sean Gullette, Mark Margolis, Ben Shenkman, Samia Shoaib, Pamela Hart, Ajay Naiou, Joanne Gordon, Stephen Pearlman
Productora: Harvest Film Works Truth & Soul
Xénero: intriga
Non recomendada a menores de 18 anos


Sinopse: Max é un famoso matemático que está a punto de dar co descubrimento máis importante da súa vida: a decodificación do sistema numérico que goberna o aparente caos do mercado bolsista. Pero primeiro ten que atopar o valor do número PI. Mentres se achega á verdade, Max é afectado periodicamente por brutais xaquecas e acosado por unha agresiva firma de Wall Street e unha secta xudía que pretende descifrar os segredos ocultos tras os textos sagrados. Todos ansían apropiarse do inminente achado de Max.

Volver

 

 

Vivamente 19 DE OUTUBRO
Vivamente o domingo

vIVAMENTE

Tít. orixinal: Vivement dimanche!
Ano: 1983
Duración: 111 min.
País: Francia
Dirección: François Truffaut
Guión: François Truffaut, Suzanne Schiffman, Jean Aurel
Fotografía: Néstor Almendros
Música:
Georges Delerue
Reparto: Jean-Louis Trintignant, Fanny Ardant, Philippe Laudenbach, Carolina Silo, Philippe Morier-Genoud
Productora: Les Films du Carosse / Films A2 / Soprofilms
Xénero: intriga policiaca
Non recomendada para menores de 18 anos

Sinopse: Julián Vergel, propietario dunha axencia inmobiliaria, é o principal sospeitoso dun dobre asasinato: o da súa propia muller, Marie-Christine, e o do seu amante, Claude Massoulier. As circunstancias vólvense en contra de Julián cando se lle imputa un terceiro asasinato, o que o obriga a desaparecer antes de que a policía o deteña. Será a súa fiel secretaria, Barbara Becker, a encargada de iniciar as pescudas e descubrir a verdade, buscando primeiro o que puido suceder entre Massoulier e Marie-Christine, o que a leva a entrevistarse co irmán do defunto. Barbara, detective non profesional, deberá enfrontarse a situacións imprevistas no seu afán por descubrir a identidade do verdadeiro culpábel.

Volver

 

 

25 26 de outubro
25 Watts

25

Tít. orixinal: 25 Watts
Ano: 2001
Duración: 92 min.
País: Uruguai
Dirección: Juan Pablo Rebella, Pablo Stoll
Guión: Juan Pablo Rebella, Pablo Stoll
Fotografía: Bárbara Álvarez
Reparto: Daniel Hendler, Jorge Temponi, Alfonso Tort, Valentín Rivero, Valeria Mendieta, Roberto Suárez
Productora: Control Zeta Films / Fernando Epstein
Xénero: comedia dramática
Non recomendada para menores de 13 anos

Sinopse: é sábado pola noite, ás sete en punto. Leche, Javi e Seba son tres mozos de Montevideo. Aínda están levantados dende a noite anterior, bebendo cervexa e percorrendo as rúas, pero aínda non se queren ir a durmir, e seguen bebendo cervexa e evadindo as súas responsabilidades. “25 Watts”, rodada cun mínimo presuposto, segue 24 horas as vidas destes ociosos amigos que din parvadas, atópanse con estraños personaxes do barrio e deambulan nun estado de aburrimento crónico.

Promises

 

 

400 2 de novembro
Os 400 golpes

400

Tít. orixinal: Les Quatre cents coups
Ano: 1959
Duración: 94 min.
País: Francia
Director: François Truffaut
Guión: Marcel Moussy, François Truffaut
Música: Jean Constantin
Fotografía: Henri Decae
Reparto: Jean-Pierre Léaud, Claire Maurier, Albert Rémy, Guy Decomble, Georges Flamant, Patrick Auffay
Productora: Les Films du Carrosse
Xénero: drama
Non recomendada para menores de 18 anos

Sinopse: aos seus doce anos, Antoine Doinel convive cos problemas conxugais que os seus pais non se atreven a afrontar e as esixencias dun severo profesor. Por temor ó mestre, xa que non cumpriu un castigo que este lle impuxera, decide facer puchos xunto ó seu amigo René. Inesperadamente mira á súa nai en compaña doutro home; a culpa e o medo lévano a unha sucesión de mentiras e loitas que pouco a pouco inciden no seu ánimo. Xunto a René soña con coñecer o mar e trazan un plan para conseguilo.

Volver

 

 

Cara 9 de novembro
Cara de anxo

Cara

Tít. orixinal: Angel facer
Ano: 1953
Duración: 91 min.
País: EE.UU.
Director: Otto Preminger
Guión: Frank Nugent, Oscar Millard
Música: Dimitri Tiomkin
Fotografía: Harry Stradling
Reparto: Robert Mitchum, Jean Simmons, Mona Freeman, Herbert Marshall, Leon Ames, Barbara O´Neil
Productora: RKO
Xénero: intriga
Non recomendada para menores de 18 anos

Sinopse: Frank Jessup é un enfermeiro de urxencias que acude a unha mansión para atender á señora Tremayne que, segundo parece, tentou suicidarse. Sen embargo, pronto sospeita que en realidade alguén tentou asasinala. Ademais, Frank coñece á súa fillastra Diane, unha muller delicada e sensual, ante a que cae rendido inmediatamente. Trátase este dun título clave na historia do cine negro.

Volver

 

 

Proceso 16 de novembro
O proceso

Proceso

Tít. orixinal: Le Procès
Ano: 1962
Duración: 118 min.
País: Francia
Dirección: Orson Welles
Guión: Orson Welles
Música: Jean Ledrut
Fotografía: Edmond Richard
Reparto: Anthony Perkins, Romy Schneider, Jeanne Moreau, Orson Welles, Elsa Martinelli, Akin Tamiroff
Productora: coproducción Francia-Italia-Alemaña
Xénero: intriga
Non recomendada para menores de 13 anos

Sinopse: un home chamado Joseph K espértase un bo día coa desagradable sorpresa de que foi acusado dun acto criminal que descoñece e que non cometeu. A súa indagación dos feitos que o conduciron a esta situación dramática e o posterior proceso rematarán por levalo á desesperación. Cando dous xenios encóntranse doamente pode realizarse una obra mestra como “O proceso”. A homónima novela de Kafka é filtrada polo barroquismo e expresionismo do gran Orson Welles nun enorme exercicio de ética e estética.

Volver

 

 

Fugitivo 23 de novembro
O fuxitivo

Fuxitivo

Tít. orixinal: The fugitive
Ano: 1947
Duración: 104 min.
País: EE.UU.
Dirección: John Ford
Guión: Dudley Nichols
Música: Richard Hageman
Fotografía: Gabriel Figueroa
Reparto: Henry Fonda, Dolores del Río, Pedro Armendáriz, Ward Bond, J. Carrol Naish, Leo Carrillo, John Qualen, Robert Armstrong
Productora: Warner Bros
Xénero: drama
Non recomendada para menores de 13 anos

Sinopse: nun país sudamericano, un crego enfróntase ó goberno, que prohibiu a relixión e fixo públicas todo tipo de disposicións anticlericais. A policía sígueo a todas partes e el se retira a un país veciño, pero volve a cruzar a fronteira, facéndose pasar por campesiño, para darlle os derradeiros sacramentos a un bandido moribundo.

Volver

 

 

Pickpocket 30 de novembro
Pickpocket

Pick

Tít. orixinal: Pickpocket
Ano: 1959
Duración: 75 min.
País: Francia
Dirección: Robert Bresson
Guión: Robert Bresson
Música: Jean-Baptiste Lully
Fotografía: Léonce-Henri Burel
Reparto: Martin LaSalle, Marika Green, Dolly Scal, Pierre Leymarie, Kassagi, Pierre Étaix, César Gattegno
Xénero: intriga
Non recomendada para menores de 13 anos

Sinopse: Michel é un carteirista que non rouba por necesidade como tampouco por vicio; non é cleptómano, rouba para darse a si mesmo un valor, porque o roubo é o medio de expresar os seus sentimentos. O director describe minuciosamente tanto as técnicas do carteirismo como a propia historia de amor, empreñando actores non profesionais. Trátase da primeira película de Bresson con argumento propio, e a primeira producción na que o director francés comeza a afastarse da realidade para tomar a senda da pura abstracción que continuará no resto dos seus filmes.

Volver

 

 

Moza 14 de decembro
A moza da ponte

Moza

Tít. orixinal: Le fille sur le pont
Ano: 1999
Duración: 90 min.
País: Francia
Dirección: Patrice Leconte
Guión: Serge Frydman
Música: Jean Goudier
Fotografía: Jean Marie Dreujou
Reparto: Daniel Auteil, Vanessa Paradis, Claude Aufaure, Bertie Cortez, Mireille Mosse, Catherine Lascault
Productora: Films Christian Fechner / UGCF / France 2 Cinéma
Xénero: drama romántico
Non recomendada para menores de 13 anos

Sinopse: unha ponte de París de noite. Unha moza inclínase sobre o Sena cos ollos cheos de bágoas e un ansia enorme de afogar as súas penas. “Pareces unha moza a punto de cometer un erro”, pronuncia unha voz por detrás. Alguén, saído da nada, preocúpase por ela. É Gabor, una lanzador de coitelos que necesita unha diana humana para o seu espectáculo. A moza, Adèle, que nunca tivo sorte e non ten a onde ir, irase con el.

Volver

 

 

Bolivia 21 de decembro
Bolivia

Bolivia

Tít. orixinal: Bolivia
Ano: 2001
Duración: 80 min.
País: Arxentina
Dirección: Adrián Caetano
Guión: Adrián Caetano
Música: Los Kjarkas
Fotografía: Julián Apeztiguia
Reparto: Freddy Flores, Rosa Sánchez, Óscar Bertea, Enrique Liporace, Marcelo Videla, Alberto Mercado, Héctor Anglada
Producción: Iacam
Xénero: drama
Non recomendada para menores de 13 anos

Sinopse: Freddy emigra a Bós Aires en busca dunha vida máis próspera. No seu país natal, Bolivia, deixa á súa familia. Sen embargo, a capital arxentina non é o paraíso que Freddy soñou, e moito menos para os emigrantes ilegais como el. Pese a iso, consegue traballo como cociñeiro nun restaurante.

Volver

 

 

Dead man

28 de decembro
Dead man

Dead

Tít. orixinal: Dead man
Ano: 1995
Duración: 120 min.
País: EE.UU.
Dirección: Jim Jarmusch
Guión: Jim Jarmusch
Música: Neil Young
Fotografía: Robby Müller
Reparto: Johnny Deep, Gary Farmer, Lance Henriksen, Michael Wincott, Crispin Glover, Iggy Pop, Robert Mitchum, Steve Buscemi, Alfred Molina
Productora: Pandora Films / JVC / Newmarket Capital Group
Xénero: western
Non recomendada para menores de 13 anos

Sinopse: cada imaxe, cada secuencia e cada raio de luz e sombra de Dead man, todo é poesía nunha filme, construida para o cerebro e para o instinto. Dead man fala sobre a morte, divaga nos marxes da vida dun home que sobrevive matando (un contable que cambia os despachos do Leste por un salvaxe oeste sen leis nin razón), conxuga o encontro cultural indio-branco coa forza presencial da natureza que inunda a un home que non busca sentido á vida ou á morte; unicamente discorre tras ela entre imaxes puras, máis brancas ou máis negras, dun lirismo primitivo.

Volver

 

Volver Valid XHTML 1.0 Transitional