Logo Biblioteca

ciclobiblioteca

CiclobibliotecaO venres día 21 de setembro, a ciclobiblioteca visitará as rúas céntricas do Porriño, unha actividade que une un medio de transporte, a bicicleta, e o fomento dos hábitos lectores. Asemade, ás 19,00 horas, haberá unha sesión de contacontos na Praza do Concello, obradoiros de reciclaxe de obxectos, de papel ou cartón vello...
A idea pretende conseguir un achegamento ao mundo do libro directamente á sociedade, sensibilizándoa e concienciándoa da necesidade de comprometerse coa protección do contorno natural, da diversidade cultural e paisaxística, e usando como ferramenta de traballo unha bicicleta e un mundo de libros, revistas, contos, guías, que viaxarán pola nosa vila acompañadas de contadores, xogos e obradoiros.
O fondo bibliográfico da ciclobiblioteca está adaptado aos lectores novos, sen esquecer as necesidades dos adultos, cunha temática en gran parte relacionada co ambiente, nun número aproximado de 200 referencias.
A animación que acompaña á ciclobiblioteca promove por medio de xogos e debuxos a utilización responsable dos recursos, a creación de ideas para coidar o patrimonio cultural e natural e a igualdade de xénero nas responsabilidades diarias. A ciclobiblioteca está promovida pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte.

 

VolverValid XHTML 1.0 Transitional