Logo Biblioteca

actividades — IVConcurso de "Mensaxes de móbil (sms) do Concello do Porriño 2008"
(edicións anteriores 2007 2006 2005 )

Concursomobil08


O xurado do IV Concurso de Mensaxes de móbil do Concello do Porriño 2008, composto por:

- Lucía Aldao (poetisa)
- Fran Rei (Responsable de mocidade da Mesa pola Normalización Lingüística)
- Jesús Ramilo (Filólogo)

dictaminou que as mensaxes gañadoras son:

1ª PREMIO: 250 €
chgarei contr as 7 do seran, e boa hora non teras qeixa, avis a papa e dill a comadroa q non me zoup moi fort…vemonos axina.
[de Albino Soto Figueroa]

2º PREMIO: 150 €
Oes meu?e logo s ims hox a kbarcos e botams un pe k panorama bn agarradiñs?a iso ds 11 paso pillart n R-19!pont guapo!biquiñs a feixs!
[de Reyes Yanes Márquez]

3º PREMIO: 100 €
Feito impoñible:circunstancia q xera obriga d tributar(neste caso qererme).cota tributaria:moitos bicos dentro d prazo.
[de Jose Antonio Losada Fernández]

 

Mensaxes recibidas:

Se dxera knn,mentiria.pro dcindo ksi tampouco xe digo a verda.asi ko deixams ntablas e nn pregunts+polo asunto.nn caviles tant,ké malo pra saude.bikiños,mociña.

ChOve sObre mOllado riscO PrA Ti Por AfOrradOr eu ledo

Vou probar se a sorte me sorri e podo cambiar de coche.Apertas, MONCHO PAZ

Ola! (Sen aforrar en caracteres.)

Mouchs coruxs,saps e brxas dems trasgs e diañs,sprits das nvoads veigs corvs pntigs e meigs feitzs das mancñeirs podrs cñots fruads fogr dos vrms e alimañs

Hoxe descubrin un reino novo e sin animo de faltar e tomandomelo a guasa algo que unha moda é pero que a ley castiga é malo para a saude o porriño reino é

Boas,chamome cruz e acabo d ver o do concurso e como me fan moita falta os cartiño ai vai o me sms.Aupa o galego, bicos


Usa a lingua das palabras fermosas:bico,ledicia,morriña,bolboreta,agarimo,lume,beizos,estrela,luar,ardora,lembranza

Nere,deixame ser choiva,a excusa dun bico baixo o paraugas,encher as charqueiras pra q xogues,q sexan sempre miñas gotas tuas bàgoas.

Unha mensaxe para o concello do porriño:chamome miguel da bisbarra do salnes e entereime k dads a oportunidade d gañar cartos para fomentar o uso d galego.aver se teño sorte
FORA DE CONCURSO: 173 caracteres

Espero jañar coa suor bucal k m esta entrand nos beizs.biks mil


Oes meu?e logo s ims hox a kbarcos e botams un pe k panorama bn agarradiñs?a iso ds 11 paso pillart n R-19!pont guapo!biquiñs a feixs!


FELICIDADES. Hai 30 anos que non falamos. Grazas ao mobil hoxe estou contigo.Mandoche un bico moi forte dende a Arxentina. Que cumpras moitos mais.


GUSTARIAME SER BAGOA,PRA NACER NOS TEUS OLLOS,PERCORRER AS TUAS MEIXELAS,E MORRER NOS TEUS BEIZOS


Soñei un amor fermoso, sen batallas nin barreiras, no que rian todos e ninguén tiña problemas. So soñando asi se poden ver cousas que este mundo non ten.


Cando era rapaz qdame na memoria o pan do Porriño Zeltìa e cando vin a primeira vez aqueles montes imaginaba ver indios como no oeste oxe son canteiras e mañan?


LEVOUNOS TEMPO ACEPTAR A TUA NOVA COMPAÑEIRA DE VIAXE:A FIBROMIALXIA.RESERVAMOSCHE EN PRIMEIRA CON AMOR INCONDICIONAL,APOIO INFINITO E COMPRENSION CONSTANTE.


Gardo nas estrelas os tesouros mais fermosos que a vida me regalou,e a vos teñovos no cofre do meu corazon


Mima meu ome!Vixs o do cncll do prrñ?250eursos x 1sms st e 1xoio.Lstm q nn tñ sld snn jñb sjro.X crt irms a vfbna a snt cmba q disk ta a pnrma?Cntxt.Bks a fmlia


N port ai 37 farois, continos. Frnt ao 5 bikmonos smpr. O 24 pstanxa ntr branc e alaranxd. Chgand ao ntpnultmo, dixchsm q m qrias. Oxe agardt n primiro!=*


Boas, cousiña bonita! Oxe volvo, venme buscar a estacion. Xa tiña morriña… Sabias que en MadriZ non hai auga de Estrella Galicia?!


Sen premio non teño cartos, e sen cartos non podo participar. Enton tive que roubarlle o movil o me curman, para poder gañar


Se vou a Bueu nun bou vou, e se non vou nun bou non vou.


Como dis cari? Que por que deixei o traballo de arquitecto?Nada muller, e que ahora paganme por mandar sms (cousas do progreso, xa sabes…)

Uns din que beben porque se sinten sos, outros porque estàn entre amigos…eu, en cambio, prefiro levantar o vaso sò cando teño sede.


Verbas que buligan nos beizos antes de ser oidas,verbas que me enchen de orgullo cando as escoito.Identificome con elas,son parte de min e sempre as empregarei.


Creo que nalgun momento da miña vida perdinme e agora non sei onde atoparme.Penso que nin tan sequera son quen de saber quen son.


Cada persoa ten unha carcasa exterior. Non se elixe, ahí xoga a sorte, polo tanto debemos rirnos da mesma. Buscar, xuzgar, admirar, odiar, querer… Coñecer?


Hoxe quero calar e gritar. Algo oprime dentro. O transcurso non percorre o curso do tempo.


Amar è non pedir xamais perdòn e é dar algo sen agardar nada a cambio asì que non me deas as grazas por quererche,pois è un pracer meu amor.A miña vida è tùa.


perdoa x non ir cntigo o hospital. chamoum m.6D2 e fun. sta manha dktime d q promtera acompanhart. seguro q a perna vai mellor. sintoo, pero era m.6D2.


Alumbraches o meu corazon cando se estaba a quedar sen luz e axudachelo coas tuas mans,coa tua pel,cos teus bicos…para que sentira o verdadeiro amor

Ei meu! Faime caso! Xa sbes k as persoas fanme lmbrar k vivo na realidad e non na fantasìa ds meus pnsamentos…


Amar è non pedir xamais perdòn e é dar algo sen agardar nada a cambio asì que non me deas as grazas por quererche,pois è un pracer meu amor.A miña vida è tùa.

De mozo, estaba eu un dia nun bar e dixolle un habitual o taberneiro:-¿Qué hai de xantar hoxe?-¡merda con patacas!-xa estamos…,¡estou farto das patacas!


Follas das arbores que caen con remorso nunha senda(en estado de somnolencia),nubes chorando……O feble corazon da natureza foi vencido polo tempo enfurecido.


4 da maña, a noite vai fria, o galo non canta, o can no ladra, meu pai ronca e eu non durmo. 9 da maña, o can ladra, meu pai tamen, e por iso que agora durmo.


antont fixn o exame d lingua e suspndronm,será pq o rsumo do txto d kastlao fixno n 160 palabras?


E que claro esta que a hora de dicilo, de traballar a trebellar case non hay diferencia, sera pois que os galegos non temos descanso e pasamola vida tr*b*llando


Seica,sta noite stàs lonxe d min.Mais,teño na pantalla teu ollar,escoito a nosa cancion e escribo o q maña conversarei o teu caròn.Q,cando sperts,saibas qt amo

Todas as noites a lua,moi fachendosa ela,atopase rodeada de mil admiradoras,mas malpocado candil!nin a mais luminosa estreliña ten a fermosa luz da miña Leiña!


chgarei contr as 7 do seran, e boa hora non teras qeixa, avis a papa e dill a comadroa q non me zoup moi fort…vemonos axina.


E de supeto,coma se dun lostrego se tratase,todo quedou maxicamente alumado polo seu doce sorriso


Non quero deixar esta fermosa terra galega sen sentir de novo o arrezume da mar que me viu nacer

Bicos a bolboreta tántrica q st verán picou docemente corazón d insecto galego q bailaba 1 muñeira arredor da lúa,ainda q na distancia téñote moi preto


Qué doce feitizo me lanzaches cos teus bicos?...é tan forte que non sei en que lua de Venus estou perdido…so recoñezo a Cupido


Feito impoñible:circunstancia q xera obriga d tributar(neste caso qererme).cota tributaria:moitos bicos dentro d prazo.


Escribin na area a miña decision. Achegaste? Esta subindo a marea. E agora ou nunnn…


Propoñote un cultivo. Eu poño o minifundio, traes ti o regadio? Veña, seguro k ist ns fai medrar. K dis?


Gastama a nadal:as cantagas,as agasallas..para a mallar,as anchantas!Tar a baca raplata da patacas,tarran,bacallaa,mazapan!Agh!palvaran!agh!aghhh!afagaaa!axada!


Axuda STOP kedo sen bateria STOP trae cargador STOP se algo acontece doa os meus chips STOP pi . …..


¡ohcraM ¡alot a nos non uE.Revirado! Boh!¿ocurt iaH.odnetne noN¿zapar ,ricid uE.Revirado!Boh!¿ocurt iaH.odnetne noN¿zapar ,ricid serek eK¿somalaF ¡alO


Onde andas? E tarde. Tesme preocupada! Xa comecei a destecer…Bicos.Penelope


Bago xigante Maza carnosa Pera new rave. Froita bela da cibernetica: Insulsa, esteril e
dietetica.


- contame un conto que non podo durmir… - ok:esta historia comeza agora,tratase de algo espantoso,e algo terrible que viaxa polo airemais non cabe neste sms


Se o palleiro non se fai sen palla, o carallo espanta as meigas

BASES

1. O concurso está organizado pola Biblioteca Municipal do Porriño.

2. As mensaxes, de tema libre, serán valoradas pola súa orixinalidade e calidade de expresión.

3. As mensaxes deberán estar escritas en galego e terán unha extensión máxima de 160 caracteres (os espazos consideranse caracteres). No texto das mensaxes non se poderán empregar acentos ortográficos.

4. As mensaxes deberán ser enviadas desde un teléfono móbil ao seguinte número de teléfono: 638148957

5. Os textos presentados non poderán estar publicados nin premiados noutro concurso.

6. Non se entregará máis dun premio por persoa. Pola publicación dos traballos gañadores non se percibirán dereitos de autor.

7. A data límite para a recepción das mensaxes é o 12 de decembro de 2008 ás 14,00 horas.

8. O ditame do xurado, así como a súa composición, farase público antes do 22 de decembro deste ano.

9. O número dende o que se envíe a mensaxe será o utilizado para contactar coa persoa gañadora.

10. Establécense tres premios:

- 1º premio: 250 euros
- 2º premio: 150 euros
- 3º premio: 100 euros

11. Non se establece división por idades. No caso de que a persoa gañadora sexa menor de idade, recibirá, no canto de diñeiro en metálico, un regalo valorado na cantidade establecida.

12. Todas as mensaxes recibidas e que se axusten a estas bases amosaranse na páxina web da Biblioteca Municipal.

13. A participación neste concurso supón a aceptación total das presentes bases e fallo do Xurado. O Xurado queda facultado para dirimir calquera eventualidade non prevista nelas.

VolverValid XHTML 1.0 Transitional