actividades
— III
Concurso de "Mensaxes de móbil (sms) do Concello do Porriño
2007" — MENSAXES RECIBIDAS
O Xurado do Concurso de Mensaxes de Móbil (SMS) en Lingua Galega 2007,
composto por:
- Diego Ameixeiras, escritor;
- Dorinda Castro, profesora e crítica literaria;
- Xoán Fernández, xornalista;
- Maite Mosquera, gañadora da edición anterior.
acordou conceder os seguintes premios:
1º premio, 250 €:
José Gómez Crespo (Ourense)
Rapcña d beizs scrus e sorris cib,cm llands?qdams xa tmarll unhs kñs
a krn do mao ou ns biras d sil?s ch prac,di ora e encoro.adeus
2º premio, 150 €:
Ana Díaz Pérez (Becerreá, Lugo)
Chovia.Como nin ia xover?Aqui smpr xove!Como m gusta a xoiva.E tan nosa...O
50%da sangue galega deb ser xoiva.Aquel dia tamn xovia.Soubn q tod rematara
pq scampou
3º premio: 100 €:
Juan Blanco Quintela (A Coruña)
Suicideime antonte, escriboche so pra dicir q o ceo e uha merda
BASES
1. O concurso está
organizado pola área de Nomralización Lingüística
do Concello do Porriño e a Biblioteca Municipal.
2. As mensaxes, de tema libre, serán valoradas pola súa orixinalidade
e calidade de expresión.
3. As mensaxes deberán estar escritas en galego e terán unha extensión
máxima de 160 caracteres (os espazos consideranse caracteres). No texto
das mensaxes non se poderán empregar acentos ortográficos.
4. As mensaxes deberán ser enviadas desde un teléfono móbil
ao seguinte número de teléfono: 679 039 567
5. Os textos presentados non poderán estar publicados nin premiados noutro
concurso.
6. Non se entregará máis dun premio por persoa. Pola publicación
dos traballos gañadores non se percibirán dereitos de autor.
7. A data límite para a recepción das mensaxes é o 11 de
maio de 2007.
8. O ditame do xurado, así como a súa composición, farase
público antes do 17 de maio deste ano.
9. O número dende o que se envíe a mensaxe será o utilizado
para contactar coa persoa gañadora.
10. Establécense tres premios:
- 1º premio: 250 euros
- 2º premio: 150 euros
- 3º premio: 100 euros
11. Non se establece división por idades. No caso de que a persoa gañadora
sexa menor de idade, recibirá, no canto de diñeiro en metálico,
un regalo valorado na cantidade establecida.
12. Todas as mensaxes recibidas e que se axusten a estas bases amosaranse na
páxina web da Biblioteca Municipal
Mira
as mensaxes da edición anterior
MENSAXES
RECIBIDAS
- Grazas por quererme como lingua e por
tratarme como nai nesta mensaxe. ¡Dadelle saudos a quen por min pregunte!
- Me cago nas raices da puta zorra nai
ca te a votar a este mundo, fala ben q non che custa un carallo.
- Ogalla cas pulgas d mil dromedarios
exipcios lle infeten o cu dquen trate d amolarche o 2007 e cos seus brazos
sexan tan curtos q non poidan nin rañarse.
- Rompo o dicionario para mirarte.Polo
mar andan as arbores,con frio nos ollos.Ledicia de fotos baratas,imposibles.
- Bailan as galiñas,collen peso
ao bailar.Chateo para ser guapa,internacional.O rio leva petalos de deterxente...
- Rapcña d beizs scrus e sorris
cib,cm llands?qdams xa tmarll unhs kñs a krn do mao ou ns biras d sil?s
ch prac,di ora e encoro.adeus
- Cantos carcters pra dicir o q sinto
x ti?Pra q me deixan 160 s me abondan 5? Chegame unha simple plabra q a vcs
custa tnto dicir e tn pouco pnsar como QEROT
- son galego falo castelan, son español
falo galego.
- Elctrica sinapse d satelit, neuralxik
e mdular mensaxeira do meu crbro ao teu corazn.
- Papilas gusNativas:na punta,DOCE loita
polo noso.Os lados,ACIDA personalidade.No centro,AMARGO sentimento d inmigrants,morriña.Atras,SALGADO,o
mar...Asi,galegos
- A noite ten a barriga grande.Hai telescopios
no ceo azul.Amame,para non ser unha tumba.Xogar co sol...
- Cndo cheguei,ela xa nn estaba. Nunca
lle gustara esperar. Eu xa debia sabelo, mais a cabeza tiñaa noutro
sitio.
- Non esquezas a clase d quimica as 6:30
xa q Deus non pode estar en todalas partes para iso creou as nais. Bikos
- Cari, lembras aquel non pasa nada por
1 dia? Pois vai ser algo,ou mellor alguén con nome propio e xa imos
polo 4.Nacin para rica ou xitana? Ti mesmo. Quérote.
- Quen tivese a chave do ben,a vacina
do cancro ou da sida,polo d agora conformémonos con ter a chave da
nosa lingua. En galego porque si.
- Galicia, NUNCA MAIS o vertedoiro de
España. Nunca Mais tinguida d negro chapapote,pero si tinguida desa
marea branca d SOLIDARIDADE.
- Por que t drogas amigo? Tes muller
e 1 fillo, suficiente razon, para q a xeringa, papel d prata e a heroina as
botes o fondo dun bidon.¡VIVE!
- Dsfogo ansia e dsacougo n luminoso
cadradño e mando plabrs cmprimidas mais pla presa q plo spazo ca spranza
d tr batria cd chge a rspsta! ;)
- o sms, a nova variant d xenero epistolar,
da narrativa, da lirica. o mbil, frramenta p. facer arte da inmediatz. aproveitaa!
- E agra tño q scribirch 1 sms!
ind prgntm o xq o kso e q nn m vou qdr trqila s nn nvio qn sab o mllor grds
o meu num pa xmrm e tmr alg 1 dia dsts spro q m nvies unh fto tua xd bks!talgo
xic (NON SE AXUSTA ÁS BASES: 188 CARACTERES)
- Hai un piano na gorxa da tartaruga.Subo
as escaleiras coexando.Tanta luz é pincel d ledicia...
- O caracol ten as pernas tortas.Abrirei
as portas do corazon.Vai unha carta d amor nunha bicicleta...
- Unha lavadora sube poas paredes.Namorarse
dun portatil en Xapon.Cruza o abismo apretando os dentes...
- Chocan os coches coas princesas.Hai
remuiños de sombra.Non me pegues.Medra a herba no lenzo...
- Sintoo xro levo1tmp kviland nalg bo
xra o concurso xro o q signifk o galgo xra min nn s pod dscribr cn palbrs,e
d+siad,+c1a llingua,1sntimnt,1a idntidade prpia
- QRO SR O ANXO DOS TUS SONOS O DMONIO
DOS TUS PSADLOS, SINTOT TAN PRETO E A VZ TAN LONX..Q O UNICO Q PODO FACR E
DSPRTAR DST SONO SABNDO Q NN CNTSTARAS STA SMS
- Quédache o xantar morno no forno,a
casa limpa coma unha patela,pasei o ferro a roupa do clareo.Vou dar unha volta
e xa merco eu a tua pasaxe.Vota un sono antes de coller carretera.Diras que
non te quero!! (NON SE AXUSTA ÁS BASES: 208 CARACTERES)
- A lua sube ao catamaran.Mira fixamente
aos peixes.O meu corpo enredase coas bandeiras.Nace un leon...
- Vai un cempes a un restaurante.Come
moito.Quedo preñada.Vomito sobre as flores.Ponse a chover en Madrid...
- Por fin cheguei a Porriño, despois
dunha longa viaxe por Europa, sentinme na miña casa cando escoitei
de novo a miña xente falar GALEGO
- Os xeranios aman as circunferencias.Perderse
nos camiños.Non hai armas no amencer.Pessoa ponse a bailar...
- Un xilgaro canta cando canta Edith
Piaf.Adios rios,adios fontes.Cando estou contenta o aire é de pedra..
- Ola son os meus ultimos minutos.Estou
morto pero sigo pnsando en ti,penso q ers o mellor q teño,extrañote.Un
bico frmosa nn t olvids d min ainda q o intents,qrt
- Unha araña vai de viaxe.Chove.No
tren van moitos vagabundos.A araña pinta os ollos.As nubes comen queixo.Por
un burato sae o SOL..
- As arbores tinguen d'ouro as suas follas
para iguala-la luz dos teus ollos.Axiña se dctaran q e imposible,pero
volveran intntalo o vindeiro outono.1bico dourado
- Unha SMS vai por unha corredoira.Un
mundo de cristal.As fotos do pasado son increibles. Nos bares a xente berra.Na
television sae un saltimbanqui..
- Q pasa meu?como andas irman?e q tal
a moza?seguides no porriño?fermoso lugar.xa teño ganas de verche.hoxe
pods?necesito 250e,non pra droga.e a ultima vez.qroche
- Suicideime antonte, escriboche so pra
dicir q o ceo e uha merda
- Unha cantante de jazz toca a pandeireta.Mesturase
coa noite.Romperei os versos.O camion vai cheo de amor..
- Este veran todos en defensa do monte.Moitos
voluntarios en activo sensibilizados coa nosa natureza:a identidade dunha
Galicia viva.Gracias a todos os voluntarios
- Churriña, chameite e non colliches,
ainda non chegaras. Chamame cando chegues e se non chove, recollote e imos
chimpar unha cachucha ao bar do chato
- Romperemos augas republicanas
- Botaronme do traballo pero o meu xefe
portouse moi ben; para que non me quede unha mancha no expediente deume a
oportunidade de asinar a baixa voluntaria
- Gustariame comer a catedral.Atragoarme
coas torres na gorxa.Mastigar as campas con pan.Que o bailarin bicase a bailarina.Nun
amencer cheo de gatos..
- A angustia tomara o timon da miña
vida.Despois de coñecerme a min mesma e recorrer un longo camiño
de autoaceptacion,conseguino.Vencin a anorexia.
- Respirou con forza,limpou a suor da
sua fronte e cerrou os ollos. Para ela os soños eran a salvacion, a
humilde escapatoria dunha realidade abafante
- NO CEO ou no chan, (agochado) ou ¡Berrando!..
Un ¿Por que? Inxenuo e transparente ennegrece sen remedio entre follaxe
de carballeiras queixumbrosas.
- Nun dia solleiro as moscas interactuan.Levo
un bolso azul na cabeza.Construimos bosques.Guitarras floreadas.Peitear a
lua..
- Temos que animar oceltiña pra
que loite un pouquiño mais para que non baixe a segunda aupa celta
- Sieuentrasepolaventanonparachuparteosanguesinonparafacerteoamor
- Cos olls amendoados de bagoas murchas
dbullo kda atardcer d tua ausncia. Entrtñ as miñs ollads knsas
dbuxando a tua perfccion.Andoriñ d terrs alleas,volve a min
- Amot porq me muxe-los beizs como ninguen.Esfiañasm
os sntidos co recend morno ds teus bicos.Son anafora inqueda no teu sorriso,
berro mudo nas tuas ancoras.
- Foi tan so nun intre,no tempo q lle
levou achegarse ao meu branco pescozo.Daquela todo mudou de cor.Eu cain fulminada,muda,agotada.Sorbeume
a sangue, a vida.
- Chovia.Como nin ia xover?Aqui smpr
xove!Como m gusta a xoiva.E tan nosa...O 50%da sangue galega deb ser xoiva.Aquel
dia tamn xovia.Soubn q tod rematara pq scampou
- Cidade.Noite.Un coche.Silencio.Unha
moto.Silencio.Unha venta que se pecha.Silencio.E, ao lonxe, un gato cantalle
ao amor
- a filla da dita, a sobriña
do xan de embaixo,dos do regato, dos que fora a arxentina e volveran, disque
se afai ben na cidade e non extraña a nai
- Lmbrat d pcha-la fiestra cndo saias
voand pola noit, nn vaia sr k t arrpints d elxir sr lbre e volvas sprtar pola
maña na msma indfernza.
- Sn h e cn m ants d p o important ech
q ns comuniqmos ain q sxa cn falts d ortogrfia asdo analfabto fncional
- Nunca deixo de sementar na miña
terra galega porque lle da sentido a miña vida, e tiven a sorte que
unha semente me deu a denominacion de orixe.
- A inxustiza reina neste mundo egoista
onde o poder é un ritual obsesivo que dsvirtua a propia esencia onde
se esquecen os valores e principios.
- 50 dias sen verte e inda te espero.50
dias sonhando as tuas mans.50 dias saboreando bicos que xa non prestan. Maldigo
o esquecemento que me privou de ti.
- O soño da volvoreta scomnzou,
tdlas cousas poden mudar d xeito, + ou – no tempo nq trda n medrar 1
flor.Coa imaxinaçn tdo pode ser. B wtr my frnd, b u!
- Eu queriame xuntare meu amigo,máis
ti non queres estar conmigo.Eu queriame casare meu amado,máis ti non
queres estar o meu lado..
- No teu pelo atopo o meu lugar, nos
teus ollos a miña razon, no teu corpo a miña vida, e no teu
sorriso xira o meu mundo.
- Verte foi una sorte, coñecerte
foi unha loteria, e amarte é o gordo da primitiva.
- Axenda telefònica,mensaxes,chamadas
perdidas,chamadas recibidas,mensaxes d voz...Acaso non è o mesmo?Porq
non o intentas?Proba e veràs!!
- Meu pequerrecho,o orballo miudiño
que me recibe no aeroporto so consegue aumenta-la morriña que me invade
o non sentirte preto.Querote meu rei.A dor do exodo.
- Non somos o que pensamos.Somos moito
mais ca iso.As ideas sempre cambian,mais nos somos os mesmos.Pero a xente
matase polas ideas.
- Sen palbras non hai dialgo,se non me
escoitas non hai respet,q canle me deixas pra chegar a ti usa a linguaxe non
esquezas as tuas formas
- Soño que t soñei e despertome
e so quero seguir soñandote,soñareite ata que os soños
me ceiben do teu recordo
Soñarei
- Ofrezoche as miñas verbas desinteresadas,non
as deixes no olvido,valeira os teus pensamentos e garda os bos consellos que
che da teu pai

