Logo Biblioteca

actividades — III Concurso de "Mensaxes de móbil (sms) do Concello do Porriño 2007" — MENSAXES RECIBIDAS




O Xurado do Concurso de Mensaxes de Móbil (SMS) en Lingua Galega 2007, composto por:
- Diego Ameixeiras, escritor;
- Dorinda Castro, profesora e crítica literaria;
- Xoán Fernández, xornalista;
- Maite Mosquera, gañadora da edición anterior.

acordou conceder os seguintes premios:

1º premio, 250 €:
José Gómez Crespo (Ourense)
Rapcña d beizs scrus e sorris cib,cm llands?qdams xa tmarll unhs kñs a krn do mao ou ns biras d sil?s ch prac,di ora e encoro.adeus

2º premio, 150 €:
Ana Díaz Pérez (Becerreá, Lugo)
Chovia.Como nin ia xover?Aqui smpr xove!Como m gusta a xoiva.E tan nosa...O 50%da sangue galega deb ser xoiva.Aquel dia tamn xovia.Soubn q tod rematara pq scampou

3º premio: 100 €:
Juan Blanco Quintela (A Coruña)
Suicideime antonte, escriboche so pra dicir q o ceo e uha merda



BASES

1. O concurso está organizado pola área de Nomralización Lingüística do Concello do Porriño e a Biblioteca Municipal.

2. As mensaxes, de tema libre, serán valoradas pola súa orixinalidade e calidade de expresión.

3. As mensaxes deberán estar escritas en galego e terán unha extensión máxima de 160 caracteres (os espazos consideranse caracteres). No texto das mensaxes non se poderán empregar acentos ortográficos.

4. As mensaxes deberán ser enviadas desde un teléfono móbil ao seguinte número de teléfono: 679 039 567

5. Os textos presentados non poderán estar publicados nin premiados noutro concurso.

6. Non se entregará máis dun premio por persoa. Pola publicación dos traballos gañadores non se percibirán dereitos de autor.


7. A data límite para a recepción das mensaxes é o 11 de maio de 2007.

8. O ditame do xurado, así como a súa composición, farase público antes do 17 de maio deste ano.

9. O número dende o que se envíe a mensaxe será o utilizado para contactar coa persoa gañadora.

10. Establécense tres premios:

- 1º premio: 250 euros
- 2º premio: 150 euros
- 3º premio: 100 euros

11. Non se establece división por idades. No caso de que a persoa gañadora sexa menor de idade, recibirá, no canto de diñeiro en metálico, un regalo valorado na cantidade establecida.

12. Todas as mensaxes recibidas e que se axusten a estas bases amosaranse na páxina web da Biblioteca Municipal

Mira as mensaxes da edición anterior

 

MENSAXES RECIBIDAS

VolverValid XHTML 1.0 Transitional