actividades — concurso de mensaxes sms — MENSAXES RECIBIDAS
Mensaxes gañadoras:
1º premio, 250 €:
MAITE MOSQUERA NOIA (Padrón)
Q ironia prstituir a lngxe, desangrlas plbras e prcurar 1 cdgo q n custe
+ d 15 ctms s ste monte m impde chgar a ti. Vou ver s atopo 1 pomba c cbrtura
2º premio, 150 €:
ELVIRA FERNÁNDEZ PÉREZ (O Porriño)
(Ti+eu)(ti+eu)x[2 cadeiras +1 mesa(2 tazas + 2 culleres)]-[1000 agobios(traballo
+exames +os homes en xeral)] =café. Resultado da ecuacion = 7:30 p.m.
3º premio: 100 €:
SERGIO TORRES GARCÍA (Pontevedra)
Godalliño, ven comigo ao rocho a espanzurrarnos dunha arroutada
Ponse en marcha unha nova edición do "Concurso de mensaxes de móbil". A convocatoria está organizada polo área de Normalización Lingüística do Concello e colabora a Biblioteca. As mensaxes participantes serán de tema libre e nelas valoraranse a súa orixinalidade e calidade de expresión. Deben estar escritas en galego e teñen que ter uha extensión máxima de 150 caracteres: hai que ter en conta que os espazos en branco tamén se contan como caracteres e que non se poden empregar acentos ortográficos. Os sms deben enviarse ó número 630468553 antes do 30 de xuño. Os textos teñen que ser orixinais e non poden ser premiados noutros concursos. Establécense tres premios:
1º premio: 250 euros
2º premio: 150 euros
3º premio: 100 euros
Cabe destacar que non
hai división por idades, así que no caso de que a persoa gañadora
sexa menor de idade, recibirá no canto de diñeiro en metálico
un agasallo valorado na cantidade establecida. Todas as mensaxes que se reciban
mostraránse na páxina web da biblioteca.
O obxectivo deste concurso é continuar cunha actividade de promoción
da lingua galega que se saia das canles habituais nas que se adoitan mover as
propostas de normalización. Esta convocatoria tamén responde ao
achegamento da lingua galega ós máis novos, e que mellor forma
para facelo que utlizar a tecnoloxía, ¿non vos parece?
As bases de participación son as seguintes:
BASES
1. O concurso está organizado pola área de Normalización
Lingüística do Concello do Porriño e conta coa colaboración
da Biblioteca Municipal.
2. As mensaxes, de tema libre, serán valoradas pola súa orixinalidade
e calidade de expresión.
3. As mensaxes deberán estar escritas en galego e terán unha extensión
máxima de 150 caracteres (os espazos consideraranse caracteres). No texto
das mensaxes non se poderán empregar acentos ortográficos.
4. As mensaxes deberán ser enviadas desde un teléfono móbil
ao seguinte número de teléfono: 630 468 553.
5. Os textos presentados non poderán estar publicados nin premiadas noutro
concurso.
6. Non se entregará máis dun premio por persoa. Pola publicación
dos traballos gañadores non se percibirán dereitos de autor.
7. A data límite para a recepción das mensaxes é o 30 de
xuño de 2006.
8. O ditame do xurado, así como a súa composición, farase
público antes do 15 de xullo.
9. O número dende o que se envíe a mensaxe será o utilizado
para contactar coa persoa gañadora.
10. Establécense tres premios:
• 1º premio: 250 euros.
• 2º premio: 150 euros.
• 3º premio: 100 euros.
11. Non se establece división por idades. No caso de que a persoa gañadora
sexa menor de idade, recibirá, no canto de diñeiro en metálico,
un regalo valorado na cantidade establecida.
12. Todas as mensaxes recibidas amosaranse na páxina web da Biblioteca
Municipal.
1. Fasme sentir coma unha nena,desenvolvendome a infancia que nunca quixen deixar, facendo que todo sexa mais doado,nesta vida que agora eres ti.
2. No solpor dete soño absurdo, os ollos vanse abrindo mentres a rua emite o ruido do bulir cotia ata a madurez
3. Estou perdido dentro do teu mobil,se non me rescatas e me usas morro.Sacame de aqui e meteme na tua voz.Asinado:Lingua galega.
4. Esta noite un velo percorre o teu rostro de nacar...
(apenas
un susurro)
...dime...
5. Unha racion de polbo 10 euros,un libro de Rosalia 14 euros,falar galego e sentirse orgulloso non ten prezo.Hai cousas que o diñeiro non pode mercar.
6. VIH/Danaes negras/e anxos de ebano/pagan a sua vida/baixo chuvias douradas/e metalicas/dunha kalashnikov heraldica/e virica/na bandeira de Moçambique
7. Adicado a miña dona Estela:amareite ata que se terminen os luns.
8. G de grandiosa,A de agarimosa,L de linda,I de impactante,C de cariñosa,I de incrible,A de alucinante.G-A-L-I-C-I-A.
9. Tremo cando te alonxas,querote amote en ingles chines ou frances no idioma da ilusion nos latexos do corazon
10. Chamome Galicia e voute facer o mellor agasallo que nunca che fixeron.Vaste sentir afortunado e vaite durar toda a vida:a nosa lingua,o galego.
11. PRACTICA O BOCA A BOCA,EN GALEGO.
12. Chamome Galicia e vouche facer o mellor agasallo que nunca che fixeron. Vasche a sentir afortunado e vaiche a durar toda a vida.A nosa lingua.O galego.
13. Se tes un BMW ¿non o conduces?Se tes uns vaqueiros que fan un cuiño perfecto ¿non os pos? Enton se tes o galego ¿porque non o usas?Fala galego.
14. O meu norte, as unllas dos meus pes. Por corazòn unha galerna e por equipaxe un sorriso que abra de par en par as portas do meu peito.
15. Non estas so.Ves de recibir esta mensaxe.Non me coñeces.Pero seguro que de algo podemos falar.Eu tamén estou vivo!
16. A verdade non sabia que se facia isto.Estiven bastante mal,xa estou xubilada con 39 anos o 100% Rompin un tellado en Tui xa fai 4 anos. Paresme ben isto de falar galego, que non nos ganen os Cataláns,¡tamen nisto!,xa que queren ser os xefes na nosa España.Tamen debemos falar e mais iscribir o castalan,por si salimos da Hispania. // NON SE AXUSTA ÁS BASES (331 caracteres)
17. Sabor sabor a callos e polos en flor dende o porriño con mencia e moito amor
18. Ola son un marco con letriñas.Un espazo de liberdade.Son un marco que te chama as veces e que di que te quere.Estare mentras el e ella non fiquen xuntos.'amote' // NON SE AXUSTA ÁS BASES (160 caracteres)
19. Si me pides que te ame,xa te amo miña dona, miña ama, amen doutras distincions miña ami-ga por iso emigro o teu lado,te chamo e me dis oi çe moi.Voume para ai. // NON SE AXUSTA ÁS BASES (159 caracteres)
20. Es as veces noite as veces dia as veces prosa as veces poesia ¿Quen es que a miña portas chamas? O amor ledicia e tamen dor
21. Un pouco de amor pode chegar a mui lexos.O contrario do amor non e o odi, e a indiferencia.Todo e posible para o que cree.Cree en ti, soamente ti podes facelo. // NON SE AXUSTA ÁS BASES (159 caracteres)
22. Pasarei por este mundo solo unha vez. Polo tanto todo o cariño que poida dar, quisera facelo ahora. Non me olvidedes, non recorrerei outra vez este camiño // NON SE AXUSTA ÁS BASES (154 caracteres)
23. Por haber dormido tan a menudo coa miña soedade convertida na miña amiga, nunha duce costume. Ela acompañame en cada paso, fiel como unha sombra. Ella sigueme aquí e ala po los catro rincons do mundo...eu xamais estou solo ca miña soedade... // NON SE AXUSTA ÁS BASES (241 caracteres)
24. Con Carola xa ca mochila no pe do Machupichu.A paisaxe,as vivas cores,a xente son d conto e gran corazon.Pasao ben en London,veremonos pronto n Porriño
25. Xa non hay complexos por falar o idioma.Ainda que hai poucas oportunidades de usalo. Os novos temos vontade de falalo sen presupor actitudes reacias. Un bico. // NON SE AXUSTA ÁS BASES (158 caracteres)
26. O silencio tamen e musica
27. Sair do labrinto da palabra morta do dstino sinxlo da fala pa rtomar a mensax da scrita nunha mostra viva do futuro na q sremos xa nos a xrazon sqcida
28. DE XEONLLOS, FREGANDO A TRISTURA DAS MANS.
29. PRIMEIRO FORON O CHUPETE DA IRMA, A NOCILLA, OS XOGUETES, LOGO O DVD E A CARTEIRA. O ULTIMO FOI O RESPECTO. APENAS NOS DEIXOU A VIDA.
30. A vida e un tango e a morte un pasodoble
31. -doutor,a q se db o meu acne?
-seik ven d porriño
-e iso?
-pois din q levan o granito a todo o mundo
32. Porq a xente sente repulsa polo galego... FALO GALEGO!e rìnse de min, e digolle eu, tamen vos rides da vosa familia?!
33. Nacin neste pobo e lembro o cheiro a fariña do noso pan universal que se resiste a modernidade. Onde quera que vou sintome autoctono do pan do Porriño.
34. ¿Onde estas Porriño?. Non te recoñezo. Formo parte de ti mais sinto que te alonxas. Ninguen e profeta na sua terra, non me poñas muros para deixar de quererte. // NON SE AXUSTA ÁS BASES (159 caracteres)
35. Hola Deus, sei q andas algo liao co mundial, pero cando poidas botalle un ollo o do quentamento global, que aquí abaixo xa non hai quen ature. Luci
36. No ceo enxoito/dicia unha boca/circundada de verdade(s) atomica(s):/ceci n'est pas une pipe/mentres Hiroshima desaparecia
37. Hai un elefante na miña barriga.Se teño medo, meto flores na boca. Neva,quero correr. A bailarina ten fame.
38. A alegria,o bailar das nubes, todos os dias.Abrazo os campos,a auga.Unha nena berra.O amor e un cristal forte.
39. Non quero moverme sen ti... viaxas no meu desexo igual que eu calzo a tua alma todas as mañas para pisar o mundo e deixar unha pegada d beleza. Un feixe d bicos! // NON SE AXUSTA ÁS BASES (160 CARACTERES)
40. Collin o mobil para mandarche unha S.M.S.,pro esquencera o PIN e so deixaba pedir unha S.O.S.
41. q bnita es qdo drmes! aqcche a kra cmo aos mninos pqnos. Haviat ter amarrda x 1 crdelinho e trarche do ddo grdo do p kda vz q tvsses psadlo.lindo labor vglart! //NON SE AXUSTA ÁS BASES (160 CARACTERES)
42. (Ti+eu)(ti+eu)x[2 cadeiras +1 mesa(2 tazas + 2 culleres)]-[1000 agobios(traballo +exames +os homes en xeral)] =café. Resultado da ecuacion = 7:30 p.m.
43. A maña do 22-03-81 caeu unha choiva de estrelas. Unha resplandencia mais ca todas. Caeu nas miñas mans xa fai 24 anos e non perdeu fulgor. FELICIDADES meu amor. // NON SE AXUSTA ÁS BASES (160 CARACTERES)
44. As tres da madrugada do 22 de marzo do 81 caiu unha chuvia de estrelas. Habia unha en particular que resplandecia mais ca todas. Caeu nas miñas mans e dende fai 24 anos non perdeu o seu fulgor. Moitas FELICIDADES, meu amor. Mama // NON SE AXUSTA ÁS BASES (228 CARACTERES)
45. TrasHnos camiñaban co seu abafo neboento. A nosa derradeira ollada neste “paseo” do 39. -¡Merda de vida! E por riba morres-dixen ao me apuntaren ¡PUM!
46. Seino todo, as voces diseromo...non te preocupes, non me importa que lle diseras a todos que estou tola, por certo sinto o do teu coche, pero xa sabes, eles obrigaronme a facelo. // NON SE AXUSTA ÁS BASES (178 CARACTERES)
47. II CCMCP
¿A onde van os que morren? A botar un bo sono,onde nin Deus os esperte.
48. II CCMCP
Gustaballe tanto o peixe que casou cunha serea.
49. II CCMCP
O can do amo vivia coma un rei;o neno do servo coma un canciño.
50. Madanela morreu de pena.O seu corazon murchou co seu sorriso e na xanela da cocina apodreceron as raiolas do sol.A sua ialma esvaeceuse para sempre.
51. Sostidos nas tuas maos con elegancia.Puiden bicar os teus beizos.Cada bico era coma o ultimo.Eu tinxin de ferruxe a tua vida.O teu aire.Son culpabel.
52. Deberes mais nunca dereitos.Hai tempo que estou atrapada entre a espada e o teu peito.Sumisa,asustada,fea,gorda,nexenta.Sempre soia.Sempre.
53. A enerxia desta mensaxe vaite facer cochegas maxicas e querras coñecerme e ser meu amigo xuntos viaxaremos arrolados po lo vento e nos riremos
54. Bicareite sen reparos.Chucharei o mel dos teus beizos como unha abella unha frol. Boa noite Xoanina;serei o teu vagalume e escintilarei ate morrer.
55. Olleite.Ficaches queda.Xa non teno medo-dixeches.Erguinme.Sacaches peito.Cabron!-ameazaches.Berrei.Recuaches...O meu sangue nas tuas mans...Puta.
56. O tempo:efemero,traidor,aloucado,misterioso,delicado, decisivo,dubidoso,enredante, mentireiro,inimigo,asasino,pasaxeiro ou viaxante,vixiante...
57. Toleria falou a loucura.A coherencia ficou esquecida.Enredou coa mentira a verdade.Agora o sol era lua, o emigrante non tina saudade-morrina,ti sabes?
58. Dar voltas e voltas na celda da tua desesperacion. Como tigres na gaiola, rumiamos os nosos males asta facernos adictos o seu sabor.
59. Sabes?estou namorado de ti, da tua risa e o teu sorriso, do teu pelo, da tua pel e tuas mans, dos teus ollos, dos teus beizos e os seus bicos
60. Un mar de cabalos.Respiran.Cantan.O corpo do malabarista sufre.No meu xardin hai pianos.
61. II CMMCP
Dille un esquelete a outro nunha xuntanza da santa compaña:e logo,¿ti
non eras aquela gordecha que tanto.arrabeaba por estar delgada?
62. Godalliño, ven comigo ao rocho a espanzurrarnos dunha arroutada
63. Su operadora informa: Su movil estara varios dias iluminado por problemas técnicos. Asi que pongarelo ya en la boca y parecera 1 gusiluz. //NON SE AXUSTA ÁS BASES (ESCRITO EN CASTELÁN)
64. Se queres cambialo mundo, deixa que te cambie o mundo primeiro.
65. Agora que estas durmindo ao meu caron doume conta de canto te quero, da falla que me fas e da paixon que me inspiran os teus beizos. Amareite sempre.
66. Prto do intradorso
da noit
unha boca mama
tinta <sacra.
Un falo en
ataurique
coronado d
poemas
-horizontalmnt rizads-
rcorre
o mont
mntres
a escuridade huida
do tmplo rmite a un
utero morno. // NON SE AXUSTA ÁS BASES (183 CARACTERES)
67. Oda ao (mal) sabor da tua smbra. <dsd a + sublime desesperacion x trt aquí> o olor frio dunhas mans abrazam os sesos; afogaos. O sabor queimad dunha lingua guernika rodeam o sexo; absorveo. Ti na tua ausencia: un mar d malpica en fbreiro frio cma un coitelo. // NON SE AXUSTA ÁS BASES (253 CARACTERES)
68. Meu irman;a cor vermella do mar no lusco e fusco lembroume a miña terra.Seica deixache-lo peixe para traballar nunha fabrica.Os cartos son os cartos.
69. Pedras no corazon,sangue densa alimentando o organo inutil,sen ti sintome coma un cego con medo a escuridade...¡Bo!,xa atopei outra.
70. A unha vila sen mar,
da que é imposible fuxir
Mais é mellor...
non resistirei a sorrir
71. Os peixes miran todo.Camiñan como poetas.Non saben nadar.Voan.Nun mar de ouro.Na musica do aire.
72. En Porriño:¡Garantia das mellores festas! ¡Aseguramosche o teu mellor tempo de lecer!100% de desconto en ledicia e diversion a esgalla.¡Ven a vivir!
73. Estan tristes os payasos.Soñan con alcanzar nubes.Bailan e aman.Construen castelos.Chove.
74. Polo bulevar dos verdes rumorosos escoitei baladas ao oido. E o silencio. Non din nada. E iso nos regala todolos segundos das horas que non foxen.
75. Fai uso da tua lingua galega, xa a falaban as meigas, é a lingua da tua localidade, actualiza a tua personalidade.
76. Son feliz como Heidi.Hai praias abandonadas,nas que me gusta pasear.O sol sube as escaleiras.
77. Non me atrevo a falalo. Por iso esta mensaxe. Seica estou a morrer Marta, dixomo o medico.Asi de simple e asi de inmenso. Tres meses. Deus, voume
78. No me atrevo a hablarlo. Por eso este mensaje. Me muero Marta, me lo ha dicho el medico. Asi de simple y asi de inmenso. Tres meses. Dios, me muero //NON SE AXUSTA ÁS BASES (TEXTO EN CASTELÁN)
79. En Galiza ser galego e natural. Falo galego en Galiza. Naturalmente.
80. O que non se usa enferruxa. Quen fala galego pola lingua puxa.
81. De Galiza, galego. En Galiza, galego.
82. Creu vela nunha curva da vida, afundida en negro esperanza. E el agardando, sen decatarse do agardar dela, que os condeaba a verde desesperanza.
83. O filosofo chega tarde.Os futbolistas corren.Eu enredome coas arbores.O mar morre.Rompo cousas.
84. As ruas son as miñas veas.O canto da xente.Un barco naufraga.A luz da guitarra.Pasean os mortos.Emborrachome.
85. O cheiro frio dunhas mans abrazam os sesos; afogaos. O sabor queimad dunha lingua guernika rodeam o sexo; absorveo. Ti na tua ausencia: un mar d malpica frio cma un coitelo. //NON SE AXUSTA ÁS BASES (173 CARACTERES)
86. Cmpostela era a salina doce da mmoria;o pouso erosionado, calcareo, advervializado. Cmpostela e o mar q nunca tivo.
87. Hola treboada deicalogo lostrego, a vosa compaña e tan benvida que sin o voso destelar o veran tornariase triste,sinxelo,espido, non seria veran . Sempre seras ben recibida para refrescar esta acalorada estacion, sabes facerte notar sempre que nos visitas os teus berros fan tremer as abores,fas honor do teu poderio por onde pasas xa non nos amedrentas porque nos rendimos os teus encantos mais salvaxes. //NON SE AXUSTA ÁS BASES (405 CARACTERES)
88. Vexote lonxe, lonxe dos meus ollos enchidos de bagoas, lonxe dos meus feridos beizos, lonxe, alonxado da beleza do teu petreo rostro espido de enrrugas.Vexote lonxe nos meus brazos,coa calma coa que zoa o vento que esperta o sentir da tua presenza.Vexote lonxe, pero a tua ausencia esta tan preto como o caer da noite que denota inquedanza na miña soidade. //NON SE AXUSTA ÁS BASES (356 CARACTERES)
89. Q ironia prstituir a lngxe, desangrlas plbras e prcurar 1 cdgo q n custe + d 15 ctms s ste monte m impde chgar a ti. Vou ver s atopo 1 pomba c cbrtura
90. Sorrisos discretos,olladas profundas,ducias
de bolboretas e tremores no corpo,gargalladas o seràn e fatiga por velo...serà
isto ò q axostuman a chamar AMOR?