actividades
— concurso de fotografía
2007 "O pracer de ler: ler en igualdade" (fora
de prazo)
bases en ![]()
O gañador do concurso é José Ángel
Fernández Holgado pola fotografía "Códigos"


Gaña unha cámara dixital Canon IXUS i17 (+ info)

Co motivo da celebración do Día do Libro do 23 de abril de 2007, a Biblioteca Pública do Porriño convoca un concurso de fotografía que ten como como obxecto a promoción da lectura e a dinamización da referida festividade. O tema deste ano será "Ler en igualdade"
- A temática das fotografías a presentar versará sobre calquera aspecto relacionado co mundo da literatura, lectura e do libro, primando a idea que emana do propio nome do concurso "O pracer de ler: ler en igualdade"
- Participarán en concurso único tódalas persoas que así o desexen, sen diferenciación de idades, e co número de fotografías que estimen oportuno. As fotografías presentadas poderán ser en cor ou branco e negro, de calquera tamaño.
- As fotografías axuntaranse nun sobre, no dorso de cada fotografía irá o lema do autor e o título da fotografía. E tamén acompañará un sobre pechado co lema do autor escrito por fora e, no seu interior, os seguintes datos: nome completo do autor, enderezo, número de teléfono e número do DNI.
- As fotografías entregaranse nas oficinas da biblioteca en horario de 9,00 a 21,00 h. de luns a venres ata o prazo máximo do venres 12 de abril ás 21,00 h.
- Coas fotografías entregadas realizarase unha exposición. A fotografía premiada quedará en propiedade do Concello do Porriño.
- O xurado estará composto por membros do departamento de Cultura do Concello do Porriño, ou persoas nas que deleguen.
- O premio único será o de unha cámara dixital.
- A participación neste concurso supón a aceptación das presentes bases e fallo do xurado.