actividades
— concurso de fotografía
"O pracer de ler" (fora de prazo)
bases - fallo do xurado - actividade
"60 anos doPrincipiño"
Gaña unha cámara dixital Sony DSC-T7
Co motivo da celebración do Día do Libro do 23 de abril de 2006, a Biblioteca Pública do Porriño convoca un concurso de fotografía que ten como como obxecto a promoción da lectura e a dinamización da referida festividade. Á par desenvólvese unha actividade participativo en relación ós 60 anos da publicación do libro "O Principiño"
![]() |
• Ultracompacta (9,8 mm na parte + delgada) |
| • 5,1 megapíxels efectivos | |
| • Pantalla LCD Clear Photo (2,5” tipo híbrido, alta resolución 230 k) | |
| • Lente Carl Zeiss® Vario-Tessar® | |
| • Zoom óptico 3x, zoom intelixente de hasta 12x e zoom dixital de precisión 6x |
A persoa gañadora da cámara dixital Foi Mª Luisa González Fontaíña, de Vigo, pola fotografía "No soñaba, no", cun total de 26 puntos.
Como segundo clasificado elexiuse a Belén Pedreira Ramiro, de Arteixo, pola fotografía “Al otro lado del continente”, con 19 puntos, e como terceiro clasificado elexiuse a Mª Luisa González Fontaíña, de Vigo, pola fotografía “De los de lanza en astillero”, cun total de 15 puntos.
![]() |
Fotografía gañadora
"No soñaba, no" |
Como homenaxe ós 60 anos da publicación do libro “O principiño”, de Antoine de Saint-Exupéry, a biblioteca realiza unha actividade en paralelo ó concurso de fotografía. Trátase de que nenos e adultos realicen sobre papel a súa visión particular dun mesmo concepto, idea ou obxecto, e facelos convivir, para plasmar así a riqueza de visións entre as persoas, unha das ideas do libro de Saint-Exupéry. Para iso disponse, na mesma sala de exposicións, material de pintura e soportes axeitados para que todo aquel que quera participar, pinte e colgue el mesmo as súas obras. Na inauguración, regalámoslle ós nenos/as participantes o libro "Toribio revoluciona o tráfico", de Carlos Casares.
Clica
sobre as imaxes para amplialas |
|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
A gañadora
do premio |
|
- A temática das fotografías a presentar versará sobre calquera aspecto relacionado co mundo da literatura, lectura e do libro, primando a idea que emana do propio nome do concurso "O pracer de ler"
- Participarán en concurso único tódalas persoas que así o desexen, sen diferenciación de idades, e co número de fotografías que estimen oportuno. As fotografías presentadas poderán ser en cor ou branco e negro, de calquera tamaño.
- As fotografías axuntaranse nun sobre, no dorso de cada fotografía irá o lema do autor e o título da fotografía. E tamén acompañará un sobre pechado co lema do autor escrito por fora e, no seu interior, os seguintes datos: nome completo do autor, enderezo, número de teléfono e número do DNI.
- As fotografías entregaranse nas oficinas da biblioteca en horario de 9,00 a 21,00 h. de luns a venres ata o prazo máximo do venres 7 de abril ás 21,00 h.
- Coas fotografías entregadas realizarase unha exposición. A fotografía premiada quedará en propiedade do Concello do Porriño.
- O xurado estará composto por membros do departamento de Cultura do Concello do Porriño, ou persoas nas que deleguen.
- O premio único será o de unha cámara dixital.
- A participación neste concurso supón a aceptación das presentes bases e fallo do xurado.