Logo Biblioteca

actividades — animación á lectura Lúa ConLuvas


Lua ConLuvasHorario: tódolos xoves de 18,30 a 19,30 horas
De balde, non fai falla anotación previa

O proxecto de “Lúa Conluvas”, iniciado no 2005 con grande éxito, é un proxecto de animación á lectura destiñado a nenos de entre 6 e 12 anos, que se entende como unha proposta didáctica e divertida ó mesmo tempo. Con ela persíguese como obxectivo primordial espertar a imaxinación e a fantasía dos nenos, para descubrir a lectura coma pracer de ler contos, historias e fábulas, e, como finalidade, a importancia da multiculturalidade. “Lúa Conluvas”, exploradora e viaxeira incansábel, leva sempre consigo unha maleta que a acompaña nas súas viaxes, e onde garda os recordos de cada país visitado para contarlle os nenos e nenas a forma de vivir e sentir doutros pobos do mundo. Cada semana volve cunha nova historia dun novo país, xunto cun conto do mesmo e unha froita típica representativa da súa gastronomía coa que merenda cos rapaces e rapazas.

Con este proxecto preténdese:
- Espertar o pracer pola lectura, como obxectivo primordial.
- Experimenta-la biblioteca como un lugar máxico de encontro cos libros.
- Establecer un contacto co libro de forma lúdica.
- Adquirir hábitos relacionados co comportamento que se debe manter na biblioteca.
- Recoñecer a biblioteca coma un lugar onde se pode atopar información.
- Descubrir a cantidade de posibilidades de expresión que ofrece a linguaxe.
- Espertar a imaxinación e a fantasía, introducíndoos noutros mundos: reais ou fantásticos. Compre considerar fundamental o desenvolvemento da capacidade creativa.
- Mellorar o autoconcepto do neno e desenvolve-la súa personalidade. A través dos contos, poesías infantís, etc. o neno vai ampliando a súa experiencia e desenvolve a súa personalidade no ámbito cognitivo, afectivo e moral (fomentando actitudes como a solidariedade e o respeto)

 

Foto LúaFoto Lúa 2

Países xa visitados por Lúa ConLuvas:

Dinamarca
Alemaña
Nova Zelanda
Nixeria
Francia
Sudáfrica
Portugal
Colombia
EE.UU.
Panamá
China
Suiza
Rusia
Arxentina
Xapón
Chile
Inglaterra
Brasil
Exipto
Turquía
Grecia
India
Israel
Marrocos
Eslovenia
Cuba
Coreas
México
Illas do Caribe
Rumanía
Honduras
Italia
Arabia Saudí
Paquistán
Angola
Malasia
Costa de marfil
Indonesia
Palestina
Alxeria
Tailandia
Australia
Polonia
Venezuela
Mongolia
Filipinas
Irán
Tanzania
Paraguay
Myanmar
Uruguai
Tayikistán
Iemen

Costa Rica
Mozambique
Sudáfrica
Ucrania
Letonia
Singapur
Libia
Alxeria
Irán
Austria
Kenia
Perú
Nepal
Israel
República Checa
Sri lanka
O Salvador
Vietnam
Bélxica
Taiwán
Cataluña
Túnez
Nicaragua
Holanda
Euskadi
Bhutan

Lituania
Xamaica
Ghana

Volver Valid XHTML 1.0 Transitional