Logo Biblioteca

actividades — cine na biblioteca
tódolos xoves a partir das 21,00

 

A Biblioteca Municipal do Porriño pon en marcha o ciclo “Cine na biblioteca” como un dos seus proxectos de extensión cultural tentando, neste caso, achegar ós seus usuarios e o público en xeral títulos salientables da chamada “Sétima Arte”. As obras proxéctanse en versión dobrada ó castelán en sesións que se visionan tódolos xoves no auditorio do Centro Cultural a partir das 21,00 horas. A entrada é de balde, pero prégase a maior puntualidade. O ciclo “Cine na biblioteca”, divídese asemade en ciclos temáticos trimestrais onde se tenta ofrecer unha visión particular sobre un tema en cuestión:



- 6º ciclo: gañarás o pan coa suor da túa fronte
(de abril a maio de 2007)

- 5º ciclo: cine e xénero
(de xaneiro a marzo de 2007)

- 4º ciclo: en branco e negro
(de outubro a decembro de 2006)

- 3º ciclo: cine e intercontracultura
(de abril a xuño de 2006)

- 2º ciclo: no patio traseiro : cine europeo independente
(de xaneiro a marzo de 2006)

- 1º ciclo: literatura e cine: matrimonio de conveniencia

(de outubro a decembro de 2005)





Esperamos que disfrudes coas proxeccións; luces, cámara e acción…

 

 

 

VI trimestre
abril - xuño 2007

Ciclo “Gañarás o pan coa suor da túa fronte”

E gañarás o pan coa suor da túa fronte, aquelas sabias palabras escritas no bíblico libro do Xénese establecen o fío condutor deste novo e sexto ciclo de Cine na biblioteca. En abril, “E gañarás o pan…”, poranos enriba da mesa dúas excelentes mostras de cine relacionado coa gastronomía, un tema amplamente tratado na historia do audiovisual que abordaremos a través de dous suculentos pratos, “O festín de Babette” e “Deliciosa Martha”. Para comer, hai que traballar, e de seguro que Adán tería serias dificultades de encontrar traballo digno e de calidade nestes tempos nos que a globalización económica universalizou o traballo barato e flexible. “… coa suor da túa fronte” tratará en catro títulos a desfeita da estrutura laboral e as dificultades que existen hoxe en día para contar cun pan enriba da mesa. En maio, en Canódromo, faremos un inciso dun mes para festexar cos amigos de Cans a celebración do seu IV festival de curtas, plasmando as posibilidades das curtas en formato longo, sexa este de contido ou continente.

 

(se queres a información completa das películas preme aquí)

 

Abril: ciclo "E gañarás o pan…"
día 19: O festín de Babette (de Gabriel Axel))
día 26: Deliciosa Martha (de Sandra Nettelbeck)

Maio: ciclo "Canódromo"
día 3: 11 de setembro (de varios directores e directoras)
día 10: De bares (de Mario Iglesias)
día 24: IV Festival de Curtas de Cans (proxección no C.R.C.)
día 31: Café e cigarriños (de Jim Jarmusch)

Xuño: ciclo "… coa suor da túa fronte"
día 7: Recursos humanos (de Laurent Cantet)
día 14: Arcadia (de Constantin Costa-Gavras)
día 21: Competencia desleal (de Ettore Scola)
día 28: 200 km (de Discusión 14)

 

 

 

V trimestre
xaneiro - marzo 2007

Ciclo “Cine e xénero”

O ser humano, dende que nace, necesita relacionarse cos demáis. É algo inherente á súa propia natureza, segundo os antropólogos. Quizáis por elo dende o principio buscou distintas formas de relacionarse baseadas non soamente na lei, os intereses ou os lazos de sangue, senón tamén na necesidade do propio individuo. Por eso institucións que permaneceron fieis á estructura patriarcal, pechada, como a familia tradicional ou o matrimonio, hoxe están pasando por unha forte transformación marcada principalmente pola liberación da muller ou a reivindicación e consecución de dereitos polos homosexuais. En “Cine na biblioteca” queremos facernos eco destes cambios nun ciclo que basculará en tres eixos mensuais. “Sen xénero de dúbidas: igualdade” planea sobre o novo universo femenino; dicir que apostamos pola igualdade a estas alturas, sería absurdo: debe darse por suposto en cada debate. “Novos lazos, novos modelos de relación” plasma a conflictividade na estructura familiar e de parella, amosando ademais a súa modificación nos últimos tempos. En “Biodiversidade” ponse sobre a mesa a diversidade sexual, para representar que a heterosexualidade non é a única forma de amar.

 

(se queres a información completa das películas preme aquí)

 

Xaneiro: ciclo "Sen xénero de dúbidas: igualdade"
día 11: Kitchen stories (de Bent Hamer)
día 18: A miña muller é unha actriz (de Ivan Attal)
día 25: As mulleres de verdade teñen curvas (de Patricia Cardoso)

Febreiro: ciclo "Novos lazos, novos modelos de relación"
día 1: O verán de Kikujiro (de Takeshi Kitano)
día 8: Celebración (de Thomas Vinterberg)
día 15: As invasións bárbaras (de Denys Arcand)
día 22: Jules e Jim (de François Truffaut)

Marzo: ciclo "Biodiversidade"
día 1: Gotas de auga sobre pedras quentes (de François Ozon)
día 8: Fucking Amal (de Lukas Moodysson)
día 15: Unha relación privada (de Fréderic Fonteyne)
día 22: O amor é o demo (de John Maybury)
día 29: O estimulador (de Richard Glatzer e Wash West)

 

 

IV trimestre
outubro-decembro 2006

Ciclo “En branco e negro”

“En branco e negro” trata de ofrecer unha visión multilateral encol destas dúas cores opostas da pirámide cromática ás veces tan menospreciadas por un mundo que presume de colorista. A vida é un arco da vella que inclúe o negro, expresou axeitadamente o poeta ruso Yevgeny Yevtushenko, e nós queremos ofrecervos cine negro cando nos aproximamos ó branco Nadal. Tres ciclos mensuais estructuran este “En branco e negro”. En outubro, con “Mil tons de grises”, ofrecemos una selección de cine contemporáneo que decidiu por vontade propia, e ás veces con gran valentía, traballar cos mil recursos de grises que se atopan entre o branco e o negro. Novembro, con “Negro clásico”, ven a amosarnos unha serie de grandes clásicos do cine negro como xénero cinematográfico da man de directores consagrados como Trufaut, Preminguer, Welles, Ford ou Bresson. Finalmente, en decembro “Vidas en branco e negro” amosaranos a existencia nada colorista de tres personaxes en tres obras mestras no cinema dos últimos anos.

(se queres a información completa das películas preme aquí)

Outubro: ciclo "Mil tons de grises"
día 5: Pi: fe no caos (de Darren Aronofsky)
día 19: Vivamente o domingo (de François Truffaut)
día 26: 25 Watts (de Juan Pablo Rebella e Pablo Stoll)

Novembro: ciclo "Negro clásico"
día 2: Os 400 golpes (de François Truffaut)
día 9: Cara de anxo (de Otto Preminguer)
día 16: O Proceso (de Orson Welles)
día 23: O fuxitivo (de John Ford)
día 30: Pickpocket (de Robert Bresson)

Decembro: ciclo "Vidas en branco e negro"
día 14: A moza da ponte (de Patrice Leconte)
día 21: Bolivia (de Adrián Caetano)
día 28: Dead man (de Jim Jarmusch)

 

 

 

 

 

III trimestre
abril-maio 2006

Ciclo “Cine e intercontracultura”

“Cine e intercontracultura” é a terceira parte temática do ciclo “Cine na biblioteca”. Contra o que se poida pensar, o apelativo “intercontracultura”, non define aquí ó cine underground, do estilo de John Waters ou Robert Altman, senón que con el pretendemos cualificar a unha selección de películas co nexo común de presentar unha temática encol dos conflictos, e tamén diálogos fructíferos, tanto interculturais coma intraculturais. Nestes tempos de globalización e internacionalización, o inevitábel contacto entre diferentes culturas e formas de pensar ven xenerando unha relación de vecindade que se pode resolver de mellor ou peor maneira, pero que, en todo caso, produce unha situación de innegábel riqueza dialectal que queremos reproducir cinematográficamente neste novo ciclo. Ademais, xunto con esta interculturalidade, no interior dunha mesma cultura, ós clásicos conflictos xeneracionais, de clases ou de xénero únense nos últimos tempos elementos étnicos, de procedencia, de acceso á información, ou dunha mentalidade que ten como denominador común a oposición ó tradicionalismo social, intelectual ou relixioso dun mundo ó que lle custa despegarse do pasado para introducirse nunha época máis plural e heteroxénea.

(se queres a información completa das películas preme aquí)

Abril:
día 6: Os espigadores e a espigadora (de Agnès Varda)
día 20: Os espigadores e a espigadora. Dous anos despois (de Agnès Varda)
día 27: Promises (de Justine Shapiro, B. Z. Goldberg, Carlos Bolado)

Maio:
día 4: A última noite (de Spike Lee)
día 11: Kandahar (de Mohsen Makhmalbaf)
día 18: Contra a parede (de Fatih Akin)
día 25: Por mín e por tódolos meus compañeiros
.............. (de Judas Diz, Festival de Cans-C.R.C.)

Xuño:
día 1: Lila dí (de Ziad Doueiri)
día 8: Bagdad rap (de Arturo Cisneros)
día 15: A lei de Herodes (de Luís Estrada)
día 22: Os edukadores (de Hans Weingartner)
día 29: Exilios (de Tony Gatlif)

 

 

 

 

II trimestre
xaneiro-marzo 2006

Ciclo “No patio traseiro: cine europeo independente”

Ofrecémosvos neste segundo trimestre de “Cine na biblioteca” unha relación de películas que cremos representativas do cine europeo independente dos últimos anos. Pese a que o “gran público” continúa accedendo ás salas co fin de visionar maiormente cine estadounidense, en Europa creouse e créase un cine de calidade representativo doutras historias e maneiras de narrar que atopa a súa máxima expresión no chamado “cine independente”, que escapa dos grandes circuitos comerciais. Non se pode dicir que cada cinematografía nacional teña unhas señas de identidade propias, salvo excepcións, coma no caso do movemento Dogma, e incluso fai pouco Patrice Leconte indicou que “o cine europeo non existe” como tal. Son autores moi únicos os europeos que, defendidos pola crítica internacional de cinéfilos e arropados por un sinfín de premios nos festivais máis importantes, chegan con frecuencia a certas salas europeas para ser desfrutados polo público interesado noutro xeito de facer cine. Pero a realidade remata ahí: poucas veces existe a posibilidade de degustar títulos como os que vos ofreceremos en “No patio traseiro: cine europeo independente”.

(se queres a información completa das películas preme aquí)

Xaneiro:
día 12: Good bye Lenin! (de Wolfgang Becker)
día 19: Elling (de Peter Naess)
día 26: A pelota vasca (de Julio Medem)

Febreiro:
día 2: En terra de ninguén (de Danis Tanovic)
día 9: Italiano para principiantes (de Lone Scherfig)
día 16: Marius e Jeannette (de Robert Guédiguian)
día 23: Wilburg quérese suicidar (de Lone Scherfig)

Marzo:
día 2: Domicilio privado (de Saverio Constanzo)
día 9: Almas perdidas na cidade (de Hannu Salonen)
día 16: O regreso (de Andrey Zvyagintsev)
día 23: Berlín está en Alemaña (de Hannes Stöhr)
día 30: Lola (de Fassbinder)

 

 

 

 


I trimestre
outubro-decembro 2005

Ciclo “Literatura e cine: matrimonio de conveniencia”

A literatura e o cine sempre se utilizaron mutuamente fructificando nun matrimonio que, polo mesmo, demos en chamarlle “de conveniencia”. Ofrecemos neste ciclo a visión que o cine amosou e amosa sobre a literatura, a lectura, os escritores e as bibliotecas. Revisaremos títulos que, ademais de ser adaptacións cinematográficas moi coñecidas, conceden especial protagonismo argumental ó ámbito físico e á significación cultural das bibliotecas. Contra o que poida parecer en primeira instancia, non foi este un tema abordado con demasiada frecuencia polo cine. Hai alusións e escenas máis ou menos destacadas en numerosas películas que se lembran con facilidade, pero poucas delas prestan unha atencion particular á biblioteca como lugar central da acción. A este feito hai que engadir, ademais, a imposibilidade de dispor na práctica dalgunhas delas. Deste xeito completamos o ciclo con películas nas que a literura, a lectura ou a biografía de escritores son o seu tema principal, incluíndo, ademais, adaptacións cinematográficas moi salientables de novelas moi destacadas.

programa:

Outubro:
día 6: O señor Ibrahim e as flores do Corán
día 13: A
novena porta
día 20: Fahrenheit 451
día 27: A moza da perla

Novembro:
dia 3: A casa dos espíritos
día 10: Nora
día 17: A pianista
día 24: Os porfiados

Decembro:
día 1: Cidade de deus
día 15: Antes que anoiteza
día 22: O outro barrio
día 29: Quills

 

VolverValid XHTML 1.0 Transitional