centro
de interese "SOS nais e pais: guía de lectura para educadores"
descarga o tríptico informativo A
B
Educar
aos fillos e fillas é un compromiso moi grande, dado que pretendemos
que crezan sans e felices. Sen embargo, non é esta tarefa doada, e moitas
veces nais e pais atopan problemas no desenvolvemento educativo ou mesmo físico
dos menores que chegan a desbordalos. Dende esta guía non ofrecemos solucións
máxicas, senón un conxunto de lecturas, presente na nosa biblioteca,
que poden servir de complemento e axuda nos momentos de desorientación
nos que se pode caer cando un se atopa na transcendente e marabillosa situación
de educar a un fillo ou filla.
A guía de lectura remítese a centros escolares e educativos, públicos e privados, garderías, APA´s e asociacións. O centro de interese está disposto á entrada da Sala Infantil e Xuvenil da biblioteca, e está composto por libros que tratan os seguintes temas:
- Adopción
- Autoestima
- Bebés
- Consumismo
- Control de esfínteres
- Creatividade e estimulación
- Divorcio
- Drogas, Alcohol
- Educando en valores
- Escola
- Lecturas curativas
- Medos
- Mentiras
- Morte
- Nenos hiperactivos
- Obediencia e disciplina
- Pelexas e agresividade
- Relacións entre irmáns e amigos
- Sexualidade
- Sono
- Televisión e ordenadores
- Trastornos alimentarios, anorexia e bulimia
- Xemelgos
- Xénero