Logo Biblioteca

actividades — "La punta del ovillo", contacontos por Gabriela Deza

Gabriela DezaO mércores día 30 de xaneiro, a partir das 18,00 horas na sala Infantil e Xuvenil da biblioteca, teremos unha sesión coa contacontos arxentina Gabriela Deza e o seu espectáculo “La punta del ovillo”.

Catalina vai percorrendo o mundo coas súas maletas cheas de historias, contos, adiviñas, trabalinguas, vellos refráns, coplas e moitos libros con xogos e imaxes. En cada lugar onde detén o seu andar, xunto a Juanito, un pequeno libro títere, que é o seu compañeiro de xogos e contos, comeza a tirar da punta dun nobelo de la que sempre leva con ela para contar historias. Co fío do nobelo despregado, Catalina forma un círculo máxico e ese é o sinal para comezar cos contos. Nenos e adultos xúntanse arredor do círculo para escoitar e compartir os relatos que Catalina recolleu ese día, na súa viaxe arredor da memoria.

Coma tódolos xoves, ao día seguinte a contacontos Lúa Conluvas volverá a estar connosco para contarnos a súa viaxe a El Salvador, probaremos os pomelos que traerá dende este país americano.


VolverValid XHTML 1.0 Transitional