O Arquivo Municipal da Imaxe (A.M.I.) é unha iniciativa que a Concellería de Cultura do Concello do Porriño puso en marcha en Xaneiro de 2004 co propósito de dar a coñecer a memoria gráfica do pobo do Porriño a través, principalmente de rexistros fotográficos.
A situación de partida é a do coñecemento de que existen no municipio moitísimas fotos de maior ou menor antigüidade pero de gran interese para a súa conservación. Estas fotografías están dispersas en centos de domicilios, gardadas en condicións moi diferentes pero sempre en perigo de perderse e con elas parte da memoria do Porriño. Por outra parte no Porriño sucedéronse unha serie de fotógrafos e estudios que dende principios do século XX ata a actualidade traballaron e traballan na vila e nas parroquias. Tampouco hai un arquivo que reúna as obras destes fotógrafos, autores duna obra de gran valor documental e, en moitas ocasións, artístico.
Esta iniciativa trata de integrar todas estas imaxes dispersas para que poidan ser conservadas e postas ao servizo da sociedade. Dende o A.M.I. procuramos recoller e catalogar o mayor número de fotografías posible, atendendo ó seu interese dende diferentes puntos de vista: histórico, etnográfico, social, artístico, etcétera. Estas fotografías ben son doadas ou depositadas no Concello ou, na maioría dos casos, prestadas para a súa dixitalización e almacenamento en soporte informático, devolvendo os orixinais aos seus propietarios.
![]() |
![]() |
| A.M.I.. Foto casa Figuerola. "PORRIÑO. Plaza de José Antonio". 1949 - 1960 |
A.M.I.. Autor descoñecido. Rúa Ramón González nas primeiras décadas do S. XX |
Con todo esto os obxectivos que o A.M.I. se plantexa son:
- Preservar a memoria colectiva coa conservación dos documentos gráficos e audiovisuais.
- Organizar estas imaxes nun arquivo único convenientemente catalogado.
- Servir de fonte de recursos para diferentes usos: investigación, documentación, exposicións, usos sociais... .
- Promover a divulgación e mellor coñecemento do Porriño, con exposicións fotográficas e publicacións con diferentes criterios: temporais, xeográficos, históricos, etnográficos, de autores, etcétera.
![]() |
![]() |
| A.M.I.. Foto: José Moreira. Comparsa de entroido. 1920 - 1940. |
A.M.I..Autor descoñecido. Banda de Música de Casiano Pereiro. 1920 - 1928 |
O A.M.I. inda ten unha moi curta vida pero en apenas un ano que levamos traballando
xa podemos dicir que acadamos parte destes obxectivos, e todo esto gracias a
todas as persoas que están participando deste proxecto e que coas súas
fotografías fan que o Arquivo Municipal da Imaxe sexa, hoxe en día,
unha realidade da que podemos disfrutar todos os veciños do Porriño.
EXPOSICIÓN
JOSÉ MOREIRA
Fotografías (1910- 1950)
21 de setembro- 21 de outubro de 2005
CENTRO CULTURAL MUNICIPAL DO PORRIÑO
EXPOSICIÓN
UNHA OLLADA NO TEMPO II
Fotografías do Porriño
21 de setembro- 11 de outubro de 2006
MUSEO DOS MINERAIS - PRAZA CENTRAL